ATOPO
Rexistros actuais: 1.624.798
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.1.4

  • Título COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

  • Data(s) 1908-2017 (Creación) 1908-00-00 - 2017-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 28 unidades de instalación con 256 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A 1ª División de sección COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS recolle as series deste órgano de representación coa función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, nas específicas áreas ou competencias de cada unha delas. 1.4.1.- Libro de actas de Comisións Informativas Rexistro que recolle o traslado das sesións celebradas polas diferentes Comisións Informativas que funcionan en cada administración: Facenda, Urbanismo, Persoal...etc. Normalmente encadernado e coas follas numeradas, dispón de dilixencia de apertura e non é obrigatorio. 1.4.2.- Expedientes de sesións de Comisións Informativas Recollen os documentos de cada sesión. As Comisións Informativas están integradas exclusivamente por membros da Corporación e son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do Pleno ou da Comisión de Goberno, cando esta actúe con competencias delegadas polo Pleno, salvo que sexa preciso adoptar acordos declarados urxentes. Igualmente, informarán aqueles asuntos da competencia propia da Comisión de Goberno e do Alcalde, que lle sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión daqueles. Poden ser estas sesións permanentes ou especiais.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS
    
    1.4.1.- Libro de actas de Comisións Informativas
    1.4.2.- Expedientes de sesións de Comisións Informativas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)

Área de control da descrición