Fondos
1. Memorias. Informes
-
3.251/2. Circulares de información e turismo dirixido a hoteis, cafeterías e bares (1970)
-
3.251/4. Notificacións sobre obras que non instalaron letreiro (1970)
-
3.251/8. Persoal sanitario, interesando certos extremos dos sanitarios locais (1983)
-
3.251/9. Policía municipal, interese de cumplimento de impresos sobre enquisa (1983)
-
3.276/1. Informe de reclamación formulada por José María Carbón Mosteiro (1958)
-
3.386/8. Solicitude de informe por Xuzgado de 1ª Instancia da Estrada (1991)
-
3.394/3. Escrito da Xunta de Galicia sobre a estación de autobuses (1987)
-
3.402/4. Notificacións sobre a urbanización de diversas rúas (1992)
-
10.227/8. Relación de expedientes informados de urbanismo (1994)
-
10.726/3. Memoria xustificativa da prórroga do axente de emprego e do desenvolvemento local (2007)
-
6.636/18. Delimitación de núcleo na parroquia de Berres (1990)
Memorias. Informes
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.2.1.1
Título Memorias. Informes
Data(s) 1945-2014 (Creación)
Volume e soporte 18 unidades de instalación con 70 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Estudos e informes realizados pola Secretaría con diversos fins e con valor informativo e xurídico respectivamente.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)