Fondos
3. Expedientes de alleamentos e cesións
-
2.313/2. Expediente de poxa de parcela situada no lugar de Souto de Abaixo
-
2.313/3. Expediente de poxa dunha parcela no lugar de Ulla situado en San Vicente de Berres
-
2.313/7. Solicitude de venda de terreo en Pozo de López realizada por Gumersindo Porto Porto
-
3.275/3. Expediente de cesión de terreos ao Ministerio do Interior para a Policía Nacional
-
3.596/1. Expediente de cesión gratuita de masas comúns en Matalobos (1987)
-
10.127/3. Venda directa de terreos sobrantes de vía pública no campo de feira (1993)
-
10.280/7. Cesión de terreos para o colexio e instalacións deportivas de Berres (1971)
-
10.296/3. Cesión pola Xunta de vehículo todo-terreo para a policía municipal (2008)
-
10.352/2. Cesión pola Xunta de Galicia de vehículos Nissan Patrol para Proteción Civil (1998)
-
10.353/5. Cesión do SERGAS de tres vehículos Nissan Vanette (2002)
-
2.313/10. Expediente de alleamento de parcelas na parroquia de Olives (1947)
-
2.313/15. Expediente de poxa de carballos a favor de Luciano Quinteiro
-
2.313/21. Expediente de poxa de carballos e cabezas a favor de Jesús Leis Camba e José Carbón Gómez
-
2.313/23. Solicitudes de particulares de alleamentos de parcelas (1950)
-
2.313/24. Solicitudes de particulares de alleamentos de parcelas (1951)
-
2.313/28. Expediente de venda de parcela non edificable na Baiuca (1956)
-
2.313/30. Solicitudes de particulares de alleamentos de parcelas (1959)
-
2.313/36. Expediente de venda sobrante en vía pública na rúa Matadoiro
-
2.313/40. Expediente de poxa pública dun terreo denominado Campos da Reguiña na Penela - Arca
Expedientes de alleamentos e cesións
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.2.3.3
Título Expedientes de alleamentos e cesións
Data(s) 1893-2006 (Creación) 1893-00-00 - 2008-00-00 (Produción)
Volume e soporte 22 unidades de instalación con 96 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente que se tramita para que o concello ceda ou reciba en cesión gratuitamente bens integrantes do seu patrimonio a entidades ou institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, sempre que os seus fins redunden en beneficio dos habitantes do territorio municipal. Os expedientes de alleamento son aqueles polos que o concello transmite ou traspasa a propiedade dun ben patrimonial mediante poxa, permuta ou venta directa, destacando os terrenos sobrantes de vía pública, logo da realización de obras de urbanización, modificación de viais ou pavimentación.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)