Fondos
3. OBRAS MUNICIPAIS
OBRAS MUNICIPAIS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.3.1.3
Título OBRAS MUNICIPAIS
Data(s) 1859-2016 (Creación) 1872 - (Produción) - 1988 (Produción)
Volume e soporte 438 unidades de instalación; 1.565 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os expedientes de obras municipais encadran aquela documentación referente á función dos concellos como promotores de obras públicas que redunden en ben da comunidade. Dado o carácter de diversidade que caracteriza a estas obras temos un conxunto máis ou menos amplo de series que engloban as diversas actuacións realizadas pola administración, normalmente con aportación doutras administracións, desenvolvendo obras municipais de conservacións, de edificación, de dotación de equipamentos ou de urbanización. Optouse pola opción máis funcional e sinxela sería dividir as obras municipais en función do tipo de obra na cal se proxecta, resultando as seguintes series: 3.1.3.1.- Expedientes xerais de obras municipais 3.1.3.2.- Expedientes de subvencións As entidades locais poderán percibir subvencións de toda índole con destino as súas obras e servizos 3.1.3.3.- Prestación persoal Documentación tramitados para a realización de obras públicas por tal procedemento, consistente na aportación de traballo obrigada dos veciños nas obras municipais que lles incumben, podendo redimirse con pagamentos pecuniarios. 3.1.3.4.- Expedientes de obras na casa do concello Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na casa do concello. 3.1.3.5.- Expedientes de obras en edificios municipais Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en edificios municipais. 3.1.3.6.- Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento das rúas, camiños e prazas do municipio 3.1.3.7.- Expedientes de obras no mercado Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no mercado. 3.1.3.8.- Expedientes de obras no matadoiro Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no matadoiro. 3.1.3.9.- Expedientes de obras no cemiterio Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no cemiterio. 3.1.3.10.- Expedientes de obras de traída de augas Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na rede de traída de augas. 3.1.3.11.- Expedientes de obras na rede de sumidoiros Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na rede de sumidoiros. 3.1.3.12.- Expedientes de obras de iluminación pública Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento da iluminación pública do municipio. 3.1.3.13.- Expedientes de obras en instalacións deportivas Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en instalacións deportivas. 3.1.3.14.- Expedientes de obras en parques e xardíns Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en parques e xardíns. 3.1.3.15.- Expedientes de obras en centros escolares Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en centros escolares. 3.1.3.16.- Expedientes de obras en fontes e lavadoiros Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en fontes e lavadoiros. 3.1.3.17.- Expedientes de obras na casa de cultura e biblioteca Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento nas casas de cultura e bibliotecas do concello. 3.1.3.18.- Expedientes de obras en centros de saúde Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no centro de saúde. 3.1.3.19.- Expedientes doutras obras obra municipal Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento de diversas obras no concello. 3.1.3.20.- Expedientes de obras na Autoestrada do Atlántico Expedientes de obras de relacionadas coa construción da autoestrada do Atlántico. 3.1.3.21.- Expedientes de obras en canteiras Expedientes de obras para instalación de canteiras. 3.1.3.22.- Expedientes de aprobación de proxectos 3.1.3.23.- Documentación de portos, costas e praias Expedientes de obras de en portos, costas e praias
Organizació
Esta 2ª división de sección, OBRAS MUNICIPAIS, está organizada nas seguintes series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.1.- OBRAS E URBANISMO: 3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS: 3.1.3.1.- Expedientes xerais de obras municipais 3.1.3.2.- Expedientes de subvencións 3.1.3.3.- Prestación persoal 3.1.3.4.- Expedientes de obras na casa do concello 3.1.3.5.- Expedientes de obras en edificios municipais 3.1.3.6.- Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas 3.1.3.7.- Expedientes de obras no mercado 3.1.3.8.- Expedientes de obras no matadoiro 3.1.3.9.- Expedientes de obras no cemiterio 3.1.3.10.- Expedientes de obras de traída de augas 3.1.3.11.- Expedientes de obras na rede de sumidoiros 3.1.3.12.- Expedientes de obras de iluminación pública 3.1.3.13.- Expedientes de obras en instalacións deportivas 3.1.3.14.- Expedientes de obras en parques e xardíns 3.1.3.15.- Expedientes de obras en centros escolares 3.1.3.16.- Expedientes de obras en fontes e lavadoiros 3.1.3.17.- Expedientes de obras na casa de cultura e biblioteca 3.1.3.18.- Expedientes de obras en centros de saúde 3.1.3.19.- Expedientes doutras obras 3.1.3.20.- Expedientes de obras na Autoestrada do Atlántico 3.1.3.21.- Expedientes de obras en canteiras 3.1.3.22.- Expedientes de aprobación de proxectos 3.1.3.23.- Documentación de portos, costas e praias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)