Fondos
4. OBRAS PARTICULARES
OBRAS PARTICULARES
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.3.1.4
Título OBRAS PARTICULARES
Data(s) 1899-2021 (Creación) 1973 - (Produción) - 1973 (Produción)
Volume e soporte 1.584 unidades de instalación con 18.679 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª división de sección, OBRAS PARTICULARES, está compsota polas seguintes series documentais: 3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras Rexistro destinado a anotar as licenzas de obras concedidas polo órgano competente do concello , logo do oportuno expediente tramitado ao efecto. Recollen os datos básicos para a identificación de cada unha delas. 3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares Expediente que se tramita para levar a cabo obras de titularidade particular e que se tramitan para comprobar a legalidade e adecuación da obra á normativa vixente. Poden ser: Licenzas de obras maiores: expediente que se tramita para levar a cabo una obra nova, ampliación ou modificación, demolición, legalización, urbanización, cambio de titularidade particular. Licenzas de obras menores: expediente que se tramita para levar a cabo reforma de elementos (tellado, pintar portal ou escaleira), reforma en vivenda (cambiar aparellos sanitarios, cambiar carpintaría interior, solar, alicatar, etc.) e para instalar lápida de sepultura. Tamén obra menor en vía pública (instalación de anuncios, valado, gabias e canalizacións subterráneas..) Licenza de primeira ocupación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a ocupación dunha vivenda, unha vez finalizada a construción. Expediente de segregación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a separación dunha parcela de terreo da súa leira matriz 3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a FENOSA, para tendidos de alta, media e baixa tensión, colocación de postes, centros de transformación etc. 3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a TELEFÓNICA, para tendidos de telefónicos, colocación de postes e outras obras necesarias. 3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína Expediente que se tramita para verificar o estado de conservación dun inmoble e determinar a necesidade ou non da súa demolición. 3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas Expediente que se tramita con motivo da infracción de obras cometida por un cidadán, ben por construción sen licenza ou ben por non axustarse as condicións previstas na súa concesión. 3.1.4.7.- Informacións urbanísticas Informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos: condicións de edificabilidade, liña de construción, calificacións urbanísticas. 3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas Certificacións emitidas en base aos informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)