ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Venda que fixeron Pedro González Sarmiento e Inés Gómez, en virtude dunha clausula do testamento de Sebastián Falcón, para pagar débedas

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.1.1.2.115/23

  • Título Venda que fixeron Pedro González Sarmiento e Inés Gómez, en virtude dunha clausula do testamento de Sebastián Falcón, para pagar débedas

  • Data(s) 1545 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Vera. > Venda que fixeron Pedro González Sarmiento (coéngo da igrexa de Santiago) e Ines Gómez (viúva de Sebastián Falcón), como titores dos fillos de Inés Gómez e Sebastián Falcón, en virtude dunha clausula do testamento do defunto bacharel Sebastián Falcón onde especificaba que se fixera esta venda para pagar débedas. A venda se fai a Bartolomé Trigo "o vello" e a María López (a súa Muller) do lugar de Murrans. O texto de venda específica que no casal deste lugar vive Juan Carlos Riobo que paga de renda 50 celemíns de pan mediado 1 porca cebada ou 6 reais por ela, e 2 capóns. Esta renda pasa a favor de Bartolomé Trigo "o vello" e a súa muller xunto co resto de propiedades e bens deste lugar. O escriba remata o documento dando fe de que a cláusula do testamento de Sebastián Falcón é certa. Data: 1545, 01, 17. Ante: Rodrigo García. Lugar de Murrans, Freguesía de Santa María de Cela, Concello de Bueu, Provincia de Pontevedra. [Cartafol 2 no cartafol "Cela; lugar de Murras de Riobo" dentro de "Santa María de Cela. Mayorazgo de Vera"].

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición