ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Escritura de ratificación de dúas vendas outorgadas por Marta de Souto a favor de Benito da Pedreira (1667)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.1.1.2.194/11

  • Título Escritura de ratificación de dúas vendas outorgadas por Marta de Souto a favor de Benito da Pedreira (1667)

  • Data(s) 1667 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Rial > Copia compulsada da escritura de ratificación de dúas vendas outorgadas en 1667, 03, 08. Ditas vendas foron outorgada por Marta de Souto a favor de Benito da Pedreira, cura de Santa María de Caleiro, onde se lle vendía a casa de Vilamaior e dúas cavaduras de viña tinta. A ratificación foi feita por Antonio de Castro , fillo e herdeiro de Domingo de Castro (fillastro de Marta de Souto), tras recoñecerselle a posesión deses bens logo do preito coa súa madrastra pola herdanza dos bens do seu pai (sentenza en 1666, 08, 18). > Copia simple da declaración de Antonio de Castro (1667, 12, 16), na cal recoñece que Diego de Torres lle deu posesión duns bens que foran propiedade de Ana de Moure, Mateo Patiño, Andrés de Sandes e outros. Data: 1667, 03, 17. Ante: Diego de Torres. Freguesía: Santa María de Caleiro. Concello: Vilanova de Arousa. Provincia: Pontevedra [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

Área de notas

  • Nota Contén copia compulsada e copia simple

Puntos de acceso

Área de control da descrición