ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Escritura de venda outorgada por Amaro Vidal a favor dos señores da Casa do Rial, dunha leira no agro de Borreiros (1674)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.1.1.2.196/6

  • Título Escritura de venda outorgada por Amaro Vidal a favor dos señores da Casa do Rial, dunha leira no agro de Borreiros (1674)

  • Data(s) 1674 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Rial > Copia compulsada da escritura de venda outorgada por Amaro Vidal "El Mozo" a favor de Gregorio Ozores Soutomaior e a Mariana de Luaces Soutomaior (señores da Casa do Rial); dunha leira de 2 ferrados de pan de sembradura, no agro de "Borreiros", que posuía por dote de súa nai, Juana Pérez, e pola cal paga unha renda anual de 1 ferrado de pan ao Mosteiro de San Martiño de Santiago; por un prezo de 35 ducados e o compromiso de seguir pagando a citada renda, que se cambia por 2 cavaduras de viña branca. Data: 1674, 05, 07. Ante: Antonio Pillado Freguesía: San Martiño de Sobrán. Concello: Vilagarcía de Arousa. Provincia: Pontevedra [Cartafol 1: Rial. Caleiro. Burreiros]. [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

Área de notas

  • Nota É copia compulsada

Puntos de acceso

Área de control da descrición