ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Escritura de dote dada por Leonel de Abreu e Lima e a súa muller a favor da filla primoxénita, para casar con Francisco Joaquín Abreu Lima de Moraes

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.1.1.6.195/19

  • Título Escritura de dote dada por Leonel de Abreu e Lima e a súa muller a favor da filla primoxénita, para casar con Francisco Joaquín Abreu Lima de Moraes

  • Data(s) 1765 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Rial > Escritura de Dote outorgada por Leonel de Abreu e Lima e a súa muller, Ana Josefa Ozores de Romay España Soutomaior, a favor da súa filla primoxénita, Rosalía Manoela Ana María Antonia de Abreu Ozores Soutomaior; para casar con Francisco Joaquín Abreu Lima de Moraes (fillo de Antonio José de Abreu e Lima e Francisca Antonia Xabier de Moraes Lara e Sousa). Mediante este matrimonio vincúlanse toda unha serie de bens e propiedades como a Casa de Portagem, a Casa e Torre de Magalhaes, a Casa de Paço Vedro, o Morgado de Ribafeita ou a Casa de Anquiâo (esta última herdada polo Francisco Joaquín por ser neto de Jôao Gómez de Abreu, primeiro señor de dita casa e fillo lexítimo dos Señores de Regalados, descendentes da Casa de França, no concello de Braganza). Ademais, nesta dote, inclúense bens que pertencen a Gonzalo Abreu e Lima (irmán de Leonel, comendador da Orde de Cabaleiros de Malta) e a Lourenzo da Gama Abreu e Lima (tio de Francisco Joaquín e prior da Igrexa de San Pio, no arcebispo de Coímbra). Data: 1765, 12, 10. Ante: Agostinho de Alvaçara. Freguesía: Paço Vedro de Magalhaes. Concello: Ponte da Barca. Provincia (Distrito): Viana do Castelo. País: Portugal Freguesía: Santa María de Rebordôes. Concello: Ponte da Lima. Provincia (Distrito): Viana do Castelo. País: Portugal [Ao Morgado do Rial únese o vínculo portugués da familia Abreu e Lima, tras o matrimonio de Leonel Abreu e Lima con Ana Josefa Ozores.] [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Dotes Portugal Viana do Castelo

  • Puntos de acceso de topónimos Portugal Viana do Castelo

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición