Fondos
195/20. Escritura de dote de María Joaquina Valdevieso Temes Caamaño Gayoso y Bolaño para casarse con Juan de la Cruz Ozores Villafáñez (1780)
Escritura de dote de María Joaquina Valdevieso Temes Caamaño Gayoso y Bolaño para casarse con Juan de la Cruz Ozores Villafáñez (1780)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.1.1.6.195/20
Título Escritura de dote de María Joaquina Valdevieso Temes Caamaño Gayoso y Bolaño para casarse con Juan de la Cruz Ozores Villafáñez (1780)
Data(s) 1780 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Rial > Copia compulsada da escritura de dote de María Joaquina Valdevieso Temes Caamaño Gayoso y Bolaño [filla de Antonio Valdevieso Caamaño e Montenegro (Señor das Casas de Castro, Deiro e da vila de Fisterra) e Andrea Temes Gayoso Mosquera y Bolaño (filla dos Señores de Villaseco e Madernas)]; para casarse con Juan de la Cruz Ozores Villafáñez (fillo de Joseph Benito Ozores Luaces e Rosa María Villafáñez Gayoso y Mendoza). Nesta dote inclúense diversas cantidades en metálico outorgadas polo Doutor Francisco Xabier Valdivieso e Tomás Antonio de Tenes (tíos de María Joaquina), ademáis das outorgadas por Joseph Benito Ozores e Juan de la Cruz. Tamén se inclúe unha cláusula pola cal, unha vez efectuado o matrimonio, Joseph Benito Ozores entrega ao seu fillo as Casas de Torre Blanca e de Santiago; coa condición de que coide e alimente aos seus irmáns [Este proceso foi levado por Simón Díaz de Rávago (cóengo penitenciario da Igrexa de Santiago), como apoderado de Joseph Benito Ozores, tal e como figura na copia da escritura de poder outorgada o 05/08/1780 Ante Juan Antonio Patiño]. Data: 1780, 08, 08. Ante: Diego Antonio Pereiro. Freguesía: San Martiño de Sobrán. Concello: Vilagarcía de Arousa. Provincia: Pontevedra [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]
Ãrea de notas
Nota É copia compulsada
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Dotes España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa Sobrán (San Martiño)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa Sobrán (San Martiño)
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)