ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Escritura de Censo feita ante Juan Delgado por Antonio González de Soto en nome de Antonio Mosquera a Pedro Román, Felipe Gómez e a súa muller

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.1.1.9.167/41

  • Título Escritura de Censo feita ante Juan Delgado por Antonio González de Soto en nome de Antonio Mosquera a Pedro Román, Felipe Gómez e a súa muller

  • Data(s) 1697-1708 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Paio Muñiz > (1697) Copia de escritura de Censo feita en 1644 ante Juan Delgado por Antonio González de Soto en nome de Antonio Mosquera Villar e Pimentel a Pedro Román, Felipe Gómez e a súa muller María Romana. O censo ten un capital de 33.660 maravedies de principal, que Antonio González de Soto paga o contado a cambio de unha renda anual de 1683 maravedís de hipoteca sobre os seus bens e propiedades así como a capela do espiritu santo da Merca > (1671) Copia de escritura de censo redimible feita en 1671 ante Benito Sandianes; censo feito por Melchor Mosquera e Domingo Conde a nai Sor Marina López Salgado Abadesa do real convento de Santa Clara de Allariz. Censo cun capital principal de 100 ducados e unha renda de 5 ducados anuais. > (1708) Copia de escritura de troco de censo entre Nicolas Antonio Gómez Suárez de Paradela en nome de Antonio Micael Mosquera, e as monxas do convento de Santa Clara. Pola cal intercambian unha renda que percibían as monxas de Santa Clara de Lucas de la Igrexa, con outra que fixeran Pedro Roman e Felipe Gómez con Antonio Mosquera Villar e Pimentel. Data: 1697, 09, 30. / 1671, 04, 20. / 1708, 06, 4. Ante: Basilio Feijoo / Benito Sandianes / Diego Gómez González. Carpeta de "Villar de Paio Muñiz, Censos" Documento relativo o morgado de Payo Muñiz pertencente a casa Mosquera dende a súa fundación.

Área de notas

  • Nota É copia

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición