ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Instancia de Juan Bautista e José Camaño para facer turnos no nomeamento da vacante do beneficio de Pardavedra e outros documentos (1811-1812)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.2.2.166/26

  • Título Instancia de Juan Bautista e José Camaño para facer turnos no nomeamento da vacante do beneficio de Pardavedra e outros documentos (1811-1812)

  • Data(s) 1811-1812 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Paio Muñiz > Testemuña de notario (Copias compulsadas) dunha serie de documentos: > Instancia de Juan Bautista e José Camaño, para facer turnos no nomeamento da vacante do beneficio de Pardavedra, que compartían a terceiras partes con Luis Mosquera e Moscoso (Marqués de Aranda) e o Marqués de Villaverde (Niño y Vega). > Carta do Chantre do Bispado de Ourense, decretando que se fagan eses turnos para evitar preitos e vacantes moi longas, solicitando o de Maceda ser o primeiro mentres o Marqués de Aranda di que se faga un sorteo. > Compulsa doutros Beneficios vacantes nos que se utilizou este método. > Varios poderes a procuradores e notificacións. > Citación para proceder ao sorteo (con problemas por unha das partes). > Sorteo ante os interesados e as dignidades eclesiásticas (mediante o sistema de introducir os nomes nunhas boliñas), resultando os seguintes turnos: 1º Marqués de Aranda, 2º Conde de Maceda, 3º Marqués de Villaverde. Data: 1811, 05, 20 . 1812, 06, 06. Ante: García Martín Padín. Freguesía: Santiago de Pardavedra. Concello: A Bola. Provincia: Ourense. Nota: Documento roto en varios lugares. [Cartafol 1: "Mayorazgo de Payo Muñiz, Leajo 4º, Regalías". Cartafol 2: Curato Santiago de Pardevedra]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documento roto en varios lugares

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición