Fondos
178/28. Pedimento por Andrés Angel Salgueiro para a defensa dos dereitos e regalías da Señora marquesa, dunha copia do testamento de Rui Pérez Da Costa
Pedimento por Andrés Angel Salgueiro para a defensa dos dereitos e regalías da Señora marquesa, dunha copia do testamento de Rui Pérez Da Costa
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.2.3.178/28
Título Pedimento por Andrés Angel Salgueiro para a defensa dos dereitos e regalías da Señora marquesa, dunha copia do testamento de Rui Pérez Da Costa
Data(s) 1785-1786 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Vera > Pedimento por parte de Andrés Angel Salgueiro, para a defensa dos dereitos e regalías da Señora marquesa, dunha copia auténtica do testamento outorgado por Rui Pérez Da Costa Carantoña do 13-06-1550, o codicilio outorgado por el mesmo o 12-07-1553, o testamento de Inés de Mendoza e outras escrituras máis. Requerimento e dilixencias relacionadas. > Copia de escritura de obriga, outorgada por Alberto Vidal o 05-04-1645, a favor de Don Pedro de Vera e Moscoso e dona María Inés de Mendoza a súa muller, de pagar anualmente 40 reais de renda, pola metade do Agro da Cruz, sito no Couto de Saavardes, cuia renda donou Inés da Costa e Lamas, por razón de Dote a súa neta, dona María Inés de Mendoza para casarse con Pedro de Vera. > Outra copia de obriga do 06-04-1645, a favor de Don Pedro de Vera e a súa muller, pagándolles 55 reais cada ano de renda e censo. > Copia de concordia feita o 09-08-1644 entre Don Juan de Mendoza e Soutomaior e Fernando Bermúdez de Castro, por razón de partixas e herdanzas, fincables de Rui Pérez Bermúdez da Costa, dona María Rodríguez de Guisamonde, e Don Francisco Guisamonde e Castro, cura de San Salvador de Taragoña. > Copia de escritura de Dote do 15-01-1645, outorgada por dona Inés da Costa, na que ofreceu a súa neta Inés de Moscoso e Mendoza, para casarse con Don Pedro de Vera, 2500 ducados de Dote en bens raices e diñeiro. > Unha copia dunha claúsula do testamento ou codicilio que o 28-01-1646, é outorgado por dona Inés da Costa. > Certificación por parte dos escribáns da súa maxestade públicos verificando ditas copias. Datas: 1785, 12, 23, 24. 1786, 02, 2. Ante: Antonio Lodeiro Varela. Joseph de Santiso. Lorenzo Diz Pérez. Gregorio Antonio Bahamonde.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)