Fondos
147/26. Documento dirixido ao licenciado García tocante ao preito disputado entre as familias Aranda e Maceda e outros documentos (1821)
Documento dirixido ao licenciado García tocante ao preito disputado entre as familias Aranda e Maceda e outros documentos (1821)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.3.1.147/26
Título Documento dirixido ao licenciado García tocante ao preito disputado entre as familias Aranda e Maceda e outros documentos (1821)
Data(s) 1821ca. (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Cereixo e Noia > Copia do documento polo que José de Viñas, no nome de Gonzalo Mosquera e Aranda, titor e curador de José y Josefa Mosquera y Novales, dirixido ó Licenciado García, tocante ó preito disputado entre as familias Aranda e Maceda. José de Viñas protesta pola existencia dun compulsorio polo cal o Conde de Maceda pretende facerse coa posesión do Lugar de Curxido, xa que non demostra que pertenza ó vínculo de Gontalde. Según Viñas, este lugar forma parte dos bens libres herdados por Luis Mosquera Quintanilla y Moscoso, pai dos menores, pola morte sen descendencia do Teresa López de Castro, quen os recibira dos seus pais como parte da súa dote. > Copia da queixa de José de Viñas, desacreditando os argumentos e declaracións do Conde de Maceda, e esixindo que se presente a partilla da herdanza de Fernando de Castro Bermúdez ou os documentos nos que se demostre que é o herdeiro dos bens libres de Teresa López da Costa. > Copia da querela de exceso, agravio, nulidade e inxustiza contra os autos e procedementos de Pedro de Laya, comisionado para a liquidación e pagamento de frutos dos Morgados, bens e rendas que pola morte de Gonzalo Manuel Lando y Lanzós, Conde de Maceda, foron repartidos entre as familias Maceda e Aranda por sentenza do 1815, 12, 23, xa que se nomeou a un terceiro perito que confirmou todas as contas de Laya sen ningunha xustificación. > Ampliación da demanda anterior; se pide a nulidade e revisión da liquidación, contas e costas polos excesos e ilegalidades de Pedro de Laya e máis do terceiro perito, Pedro Nicolás Astray y Caneda, por non xustificar as súas contas e excederse na execución. > Copia do auto expedido polo Licenciado Juan Martínez de Araújo ante Pedro Trasmonte en 1821, 07, 28 no que declara a nulidade da execución baseada na declaración do terceiro perito, e se lle da validez ó reconto e declaración feitas por Valentín Sisay, ó tempo que condena ó terceiro perito, Pedro Nicolás Astary, á perda e devolución das súas dietas. Data: ca. 1821. Ante: - Freguesía: San Martiño de Liñaio. Concello: Negreira. Provincia: A Coruña. [Contexto do preito entre as familias Aranda e Caamaño pola sucesión dos vínculos de Cereixo e Noia, tras a morte do Conde de Maceda.] [Cartafol 1: "Alegaciones por parte del Señor D. Gonzalo Mosquera como tutor y curador de la Sra. Marquesa de Aranda litigando con el Sr. Conde Bornos sobre las diferencias de pleito antiguo entre las dos Casas de Maceda y Aranda".]
Ãrea de notas
Nota Son copias