ATOPO
Rexistros actuais: 1.624.798
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Preito pola herdanza do vínculo Guimarei-Bentraces, deixado en sucesión por Simón Rodríguez (1557-1567)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.3.1.152/1

  • Título Preito pola herdanza do vínculo Guimarei-Bentraces, deixado en sucesión por Simón Rodríguez (1557-1567)

  • Data(s) 1557-1567 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Guimarei-Bentraces > Copia compulsada de todos os documentos; > Preito pola herdanza do vínculo Guimarei-Bentraces, deixado en sucesión por Simón Rodríguez. O preito se disputa entre Alvaro Suárez Sarmiento (neto) como herdeiro de Simón, o Rodrigo Suárez de Tangil, o seu pai (xenro de Simón) como administrador dos bens. As disputas veñen de que Álvaro Súarez como herdeiro do vínculo se queda con todas as propiedades e non paga as lexítimas ós seus irmáns; Diego Súarez de Tangil, Catalina de Ulloa, Inés da Costa e Rodrigo Súarez. A sentenza do preito e a repartición de bens entre os netos de Simón Rodríguez, quedando Alvaro co Morgado. Preito posterior entre Diego e Alvaro porque este non paga a lexítima, co cal as posesións dos bens pasan a Diego e posteriormente a Catalina de Ulloa e o seu home Antonio de Noboa. O documento contén; > Executoria Real. > Memorias de bens, contas, cobros e debedas sobre propiedades e bens de familia. > Apeos. > Descontos de débedas e averiguacións. > Testamento de Simón Rodriguez (cóengo de Santiago, home de Inés de Meira) no cal detalla todos os seus bens, casas, raíces e xuros que constituiron o morgado de Guimarei-Bentraces e que llos deixa aos seus netos, nos que fundou vínculo. Especifíca condicións e obrigas. Tamén sinala que fundou a capela da Nosa Señora de Misericordia, na igrexa de San Francisco en Pontevedra, a de Santa María, San Miguel e San Cristóbal na Igrexa de San Bartolomé en Pontevedra e sinala tamén negocios que tiña co arzobispo Fonseca, así como cargos nas universidades de Salamanca e Santiago. Pese a que deixa a Rodrigo Suárez de Tángil (o seu xenro) como albacea, o exclúe especificamente do testamento Documento encadernado nunha bula Papal en pergamiño Datas: 1557, 1567. Ante: Francisco Rodríguez

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición