Fondos
184/23. Carta executoria expedida por Felipe IV a raíz do memorial do preito entre Ana de Soutomaior contra Fernando de Luaces y Bolaño (1652)
Carta executoria expedida por Felipe IV a raíz do memorial do preito entre Ana de Soutomaior contra Fernando de Luaces y Bolaño (1652)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.3.1.184/23
Título Carta executoria expedida por Felipe IV a raíz do memorial do preito entre Ana de Soutomaior contra Fernando de Luaces y Bolaño (1652)
Data(s) 1652 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Luaces
> Carta executoria expedida por Felipe IV a raíz do memorial do preito desputado ante a Real Chancelería de Valladolid entre Ana de Soutomaior, nai e curadora de Bernardo Antonio de Luaces Soutomaior, contra Fernando de Luaces y Bolaño, sobre a sucesión do vínculo fundado por Bernardo de Luaces "el Viejo" e mellorado por Jacome de Luaces, orixinado por unha suplicación de Ana de Soutomaior en 1648, 07, 23.
> Petición de Fernando de Luaces en función dunha reconstrución e interpretación das normas de sucesión e herdanza dos vínculos.
> Alusións a preitos anteriores: Bernardo contra Jacome; Inés de Villamarín contra Bernardo; etc, e copias dalgunhas sentenzas.
> Declaracións de testemuñas e averiguacións.
> Copia da fundación de Bernardo de Luaces "el Viejo" (1580) coas cláusulas de sucesión, onde se especifica que non o poden herdar nin o seu fillo bastardo, Juan de Lemos, nin o seu sobriño, así como as obrigas dos sucesores e máis os lugares pertencentes ó vínculo.
> Copias de testamentos sobre a sucesión do morgado.
> Mellora de 1/3 e 1/5 feita por Jacome.
> Vínculo de Bernardo.
> Intervención de Laura de Luaces no preito.
> Inclúe dúas árbores xenealóxicas e referencias.
Data: 1652.
Ante: Varios.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)