ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Concordia feita entre Benito Ozores Soutomaior e Tomé Varela e outros, a raíz do troco que fixeran Gregorio Ozores e Domingo Diz da viña da Paxariña

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.3.1.194/54

  • Título Concordia feita entre Benito Ozores Soutomaior e Tomé Varela e outros, a raíz do troco que fixeran Gregorio Ozores e Domingo Diz da viña da Paxariña

  • Data(s) 1701 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Rial > Copia compulsada da concordia feita entre Benito Ozores Soutomaior (Dono da Casa e Torre do Rial e herdeiro no vínculo fundado por Gregorio Ozores), e Tomé Varela, Silvestre Varela, Domingo Carballo, Domingo Diz e Domingo do Rial (labradores e herdeiros de Domingo Diz de Parga); a raíz do troco que fixeran Gregorio Ozores e Domingo Diz de Puga, da viña da "Paxariña" a cambio da herdade do "Agro de Abaixo"; a cal fora demandada polo convento de San Martiño de Santiago e gañada por Carta Executoria a Benito Ozores. Por esta concordia o convento faille foro dos bens a Benito Ozores e os moradores deben de pagar 2 ferrados de centeo en concepto de "saneamento", e no caso de que non se fixese o foro, Benito Ozores deberá devolver os bens do troco anterior e pagar 3 cántaros e medio de viño tinto. Data: 1701, 02, 16. Ante: Juan Vázquez da Viña. Freguesía: San Martiño de Sobrán. Concello: Vilagarcía de Arousa. Provincia: Pontevedra [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

Área de notas

  • Nota É copia compulsada

Puntos de acceso

Área de control da descrición