ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Foro entre Ares Díaz de Cedrón e o Bispo de Lugo, foro feito polo Mosteiro de San Francisco de Lugo a Francisco López, e outros documentos (1572-1669)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.204/1

  • Título Foro entre Ares Díaz de Cedrón e o Bispo de Lugo, foro feito polo Mosteiro de San Francisco de Lugo a Francisco López, e outros documentos (1572-1669)

  • Data(s) 1572-1669 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Lugo e Guntín > Foro entre Ares Díaz de Cedrón e o Bispo de Lugo. > Foro feito polo Mosteiro de San Francisco de Lugo a Francisco López, dunhas casas e cortiñas. > Foro feito por Teresa García de Gayoso (muller de Ares Díaz de Cedrón), a Maior Ares (muller de Alonso de Malle). > Cesión feita por Alonso Díaz de Cedrón a Diego García en Lugo (Data: 07/01/1669). > Venda de Alonso Díaz de Cedrón a favor de Diego Blanco. > Recibín feito por Celidonio Jiménez, da pensión do Cardeal Fernando de Mendoza (documento en latín). > Testemuño de Isabel de Mansilla, no que fala sobre a situación do seu fillo, preso en Mondoñedo (Data: 07/06/1572). > Petición feita por Ares Díaz para que as testemuñas declaren no preito con Gerónimo de Belosillo (Data 19/01/1597). > Carta dirixida ao Cardeal de Valladolid (Data: 16/07/1614). > Título outorgado a Pedro de Romero, da Capelanía de San Andrés de Bande en Ourense. > Petición feita por María Díaz de Gayoso para non pagar a alcabala do viño que se vendese. > Recíbi no cal Fernando de Mendoza e Caamaño recibe de Juan de Lago, 400 reais (Data: 07/10/1619). > Testamento de Catalina de Galde. > Venda feita por Rodrigo de Lieras a Juan bautista dunha serie de árbores e cortiñas. > Carta executoria contra o Bispo de Lugo. > Venda de terras entre Juan Rodríguez e María Díaz de Gayoso (Data: 15/12/1591). > Carta do Bispo de Lugo sobre as vendas de terras (Data 19/12/1596). > Recibí a favor de Fernando de Mendoza, de 60 ducados. > Testamento de Diego González de Fonteira, Arcediano de Triacastela. > Recibí. > Cesión de Juan López do Campo a María Díaz de Gayoso dunhas terras que tiña en preito con Juan de Soutomaior. > Sentenza dada a Juan López do Campo, pola compra-venda de terreos. > Venda de Álvaro de Barrantes a Juan González, dunha casa en Lugo. > Testamento de María Gómez (Data: 24/12/1620). Datas: 1572, 1669. Ante: -

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición