ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.954
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Memoria de rendas do Hospital Real, que cobrou Lope Díaz de Gayoso, título de Merino de Ares Díaz de Gayoso, e outros documentos (1534-1695)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.204/4

  • Título Memoria de rendas do Hospital Real, que cobrou Lope Díaz de Gayoso, título de Merino de Ares Díaz de Gayoso, e outros documentos (1534-1695)

  • Data(s) 1534-1695 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Lugo e Guntín
    > Memoria de rendas do Hospital Real, que cobrou Lope Díaz de Gayoso.
    > Título de Merino de Ares Díaz de Gayoso, en todas as xurisdiccións da Casa de Guntín.
    > Memoria da prata que posúe Álvaro.
    > Memoria do que Lope Díaz de Gayoso recibe en trigo e centeo.
    > Petición de Rodrigo Díaz de Gayoso para facer unha execución xudicial contra o coengo Francisco de Gayoso. Inclúe carta de pago de 834 maravedíes.
    >Testemuño dirixido á poboación de Granada.
    > Petición de Ares Díaz dunha Real Provisión para que Juan Vázquez de Neira lle pagase 100 ducados que lle debía.
    > Recibo de pagamento de Pedro Hernández, de 4 ducados, a favor de Lope Díaz de Gayoso, polo aluguer dunha serie de cargas que traia de Madrid, Juan López.
    > Obriga de pagamento outorgada por Catalina Seoane a favor de Ares Díaz de Cedrón e Gayoso, de 49 reais.
    > Memoria dos bens que vendeu Juan da Rigueira e Trocado, coa razón das diferentes rendas e a venda de diversos lugares.
    > Copia simple da memoria de rendas e bens que fincaron de Lope Rois e Constanza Sánchez.
    > Referencia á sentenza do preito entre Juan Varela e Juan de Gayoso e Mendoza, sobre os bens que se venderon e polos cales Juan de Gayoso debe de pagar 60 ducados.
    > Anotación sobre o preito entre Rodrigo Díaz e Bernal Díaz.
    > Petición de Ares Díaz de Cedrón contra Pedro Gómez e Álvaro Ferreiro, relativa á paga da renda do lugar de San Martiño de Couto.
    > Pedimento do abade de Meira dunha execución relativa a unha obriga e unha fianza.
    > Memorial das obrigas que Hernán de Vellosillo presenta.
    > Copia compulsada a pedimento de María Díaz de Gayoso, duns autos contra Juan de Sanjurjo.
    > Arrendamento outorgado polo clérigo González de Neira a favor de Álvaro da Ribeira (cóengo de Lugo), do beneficio de Piúgos [Cº de Lugo].
    > Testemuño de apelación, feito a pedimento de María Díaz de Gayoso, dunha execución contra ela feita por Juan Fernández Soutomaior.
    > Escritura de concordia entre varios veciños de Santa Marina de Albija, co crego de dito lugar, sobre a metade dos bens do igrexario.
    > Arrendamento feito a favor de Juan de Gayoso, dun oitavo do préstamo de Santa Marta de Meilán [Cº de Riotorto. Pª de Lugo].
    > Certificación dada por Santiago de Latre, sobre unha querela e acusación contra Pedro de Navarra, por parte de Juan de Gayoso e María de Gayoso, que se presentaron no cárcere de Valladolid.
    > Recibí de Bernal Díaz de Gayoso, no cal especifica que lle deron unha escritura de venda e unha de doazón, por parte de Lope Díaz de Gayoso.
    > Autos e executoria, a pedimento da abadesa e monxas do convento do Mosteiro de San Paio, contra o licenciado Juan Bautista, polo empeño dun xarrón de prata que era propiedade do mosteiro.
    > Petición feita por Blas de Bahamonde, en nome de Constanza de Mendoza e Figueroa, dunha Real Provisión.
    > Carta de pagamento de Lope Díaz de Gayoso de 30 ducados.
    > Relación de contas do Capitán Juan de Gayoso e de Lope Díaz de Gayoso.
    > Relación dos bens que o Capitán Gayoso ten no Couto de Gondral.
    > Carta de pagamento a favor de Ares Díaz de Cedrón e de María de Gayoso, de 117 reais que debían de renda dos lugares do Coto da Ferreira.
    > Copia compulsada dunha carta de pagamento relativa ao abono de 300 ducados de vellón da man do mordomo de María Olalla Osorio e Bobadilla, a favor de Josefa de Páramo e Montenegro.
    > Protesta feita polo Licenciado Pedro de Neira contra Pedro de Puga, para que este desocupe a súa casa sita na rúa Porta Miña.
    > Opinións do Licenciado Labrada sobre a recobración duns bens.
    > Recibo de Juan Varela a favor de Isabel López de 14 ducados.
    > Obriga e contrato entre o convento de Santa María a Nova de Lugo, e Juan de Gayoso, sobre o ingreso no mosteiro da súa sobriña, María Fernández, e a paga da dote da mesma.
    > Testemuño sobre unha petición feita en Valladolid por Juan de Gayoso.
    > Arrendamento outorgado por Lois da Rúa a favor de tres veciños de Villarda, dunha porción de renda nese lugar polo tempo de 3 anos.
    > Testemuño sobre unha luctuosa en Ourense.
    > Carta de Juan Francisco Blanco, herdeiro de Diego Blanco, na que fala dun troco que fixera o dito Diego Blanco con Ares Díaz.
    Datas: 1534, 1695.
    Ante: -

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición