ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Escritura de cesión outorgada por Ana e Benita González Becerra a favor de Benito María de Prado y Lemos de tódolos seus bens e herdades que posuían

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.91/3

  • Título Escritura de cesión outorgada por Ana e Benita González Becerra a favor de Benito María de Prado y Lemos de tódolos seus bens e herdades que posuían

  • Data(s) 1790-1791 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Rubiáns > Escritura de cesión outorgada por Ana e Benita González Becerra (irmás solteiras e sen fillos), a favor de Benito María de Prado y Lemos (actual propietario da casa e torre de Boedo), marido de María Josefa de Neira y Ulloa Becerra (sobriña das ditas Ana e Benita), de tódolos seus bens e herdades que posuían por corresponderlles do vínculo familiar, coa condición de que se faga cargo de pagalas débedas e máis en gastos de coidado e posterior enterro e misas dos outorgantes (29/08/1790) > Autos de notificación da cesión. > Posesión por parte de Benito María de Prado y Lemos de tódolos bens (30/08/1790) > Notificación aos colonos de certas posesións do cambio de titularidade > Copia compulsada do poder outorgado por Benito María de Prado y Lemos, a favor de Manuel Joseph Bermúdez, para que no seu nome se ocupe de tódalas débedas e preitos herdados con eses bens (11/09/1790) > Autos entre Pedro Chan Montenegro (en nome de Benito María), e Juan Fernández (coengo da colexiata de Padrón), para que se recoñeza a posesión da casa que tiña o dito coengo en arrendo en Padrón > Conta de Joseph María González (fillo de Manuel González Becerra, irmao de Ana e Benita) a Benita María de Prado, para que o teña en conta na herdanza deses bens (07/08/1791) > Escritura de renuncia por parte de Joseph María González, en favor de Benito María de Prado, de tódolos bens que lle puidesen pertencer por herdanza das súas tías (29/08/1791) > Tres contas de pagamento expedidas por Manuel Joseph Bermúdez, das débedas que herdara Benito María de Prado (12/09/1790) Data: 1790, 08, 29. 1791, 08, 29. Ante: Juan Botano Vaamonde, Gregorio Domingo Vaamonde. Freguesía: Santa María de Queixas. Concello: Cerceda. Provincia: A Coruña.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición