ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PROTOCOLOS NOTARIAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36052.APAZSES..1

  • Título PROTOCOLOS NOTARIAIS

  • Data(s) 1598-1831 (Creación) 1598-00-00 - 2019-01-18 (Produción)

  • Volume e soporte 40 unidades de instalación; 12.730 documentos, na sú apráctica totalidade protocolos notariais

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Fondos documentais actualmente propiedade de D. Roberto Rivas, veciño da parroquia de Siador, considerados de enorme interese para a historia local da antiga xurisdición de Trasdeza, do concello de Silleda e o seu contorno. A totalidade dos fondos alí depositados corresponden a protocolos notariais de escribáns da zona, de fins do século XVI a fins do XIX, con continuidade temporal, gran riqueza informativa e extraordinario valor para o coñecemento da vida e realidades destas terras nos referidos séculos. Estes documentos, habitualmente depositados nos Arquivos Históricos Provinciais, son orixinais e por circunstancias que se descoñecen non foron depositados no seu día polos escribáns para o seu Arquivo definitivo, polo que son testemuñas únicas dos feitos e actos xurídicos que documentan. Fisicamente son trinta e cinco caixas de arquivo normalizadas, de plástico ríxido en gris, con tamaño folio estandarizado. Conteñen protocolos notariais entre 1598 e 1880 de dezaoito escribáns da xurisdición de Trasdeza, debidamente identificados, que recollen documentos xurídicos entre particulares e da vida da propia xurisdición, antecedente dos concellos de Chapa e Silleda e da comarca do Deza. Esta documentación atópase en moi bo estado de conservación na súa práctica totalidade, ordenada cronoloxicamente en caixas, agrupada por notarios, cos documentos notariais de cada ano individualizados e cosidos, separados todos eles en carpetas individuais. Ademais existiría neste Pazo outra documentación de interese local,e specialmente por referencias orais do titular, un pequeno grupo documental (en torno a 100 documentos como máximo) que terían relación coa virxe da Saleta e á guerra da Independencia entre outros, que mantén o propietario no seu domicilio.

  • Organizació

    1 PROTOCOLOS NOTARIAIS (1598/1831)
    1.1 Manuel Gómez (1746/1793)
    1.2 Sebastián Pereira (1598/)
    1.3 Francisco Varela Taboada (1648/1718)
    1.4 Bernardo Garcia Taboada (1677/1774)
    1.5 Antonio de la Iglesia Taboada (1726/1766)
    1.6 Francisco Varela (1766/1767)
    1.7 José González Taboada (1781/)
    1.8 Vicente de Castraviz Losada y Barallo (1829/)
    1.9 Matías Estévez (1831/)
    1.10 Francisco de Prado (1606/)
    1.11 Domingo Taboada (1671/)
    1.12 Juan de Leira Taboada (1709/)
    1.13 Francisco Barreiro (1668/1716)
    1.14 Juan Antonio Vidal (1695/1705)
    1.15 Antonio Ximénez (1667/1702)
    1.16 Galaor Varela (1598/1600)
    1.17 Juan Varela del Corral (1622/1636)
    1.18 Fructuoso de Pol y Taboada (1764/1801)
    1.19.Juan Andrés Maceira y Varela (1776-1799)

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Sestelo (Tema)

Área de control da descrición