Fondos
-
S0600. Subvención recibida pola corporación local doutra administración
1.712/3. Expedientes de subvencións do ano 2011 (2011)
Expedientes de subvencións do ano 2011 (2011)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36010.AM.CAT.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.1.712/3
Título Expedientes de subvencións do ano 2011 (2011)
Data(s) 2011 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Catoira(1836-2015) O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes. En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdición de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.
Institución arquivística Arquivo municipal de Catoira
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expedientes de subvencións 2011: * Piscina: autorización de reapertura da instalación de piscinas de uso colectivo. Consellería de Sanidade. * Plan de emprego provincial 2011: Contratación laboral por obra ou servizo determinado. Deputación de Pontevedra. * Subvencións as agrupacións de voluntarios de Protección Civil para o ano 2011. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. * Concesión de axudas a escolas de música públicas da Deputación de Pontevedra. * Subvención das festas da bicicleta e marchas populares 2011 da Deputación de Pontevedra. * Axudas dirixidas a conservatorios e escolas de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. * Subvención para a realización de actividades dirixidas a xuventude para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude as novas tecnoloxías durante o ano 2011 (OMIX). Consellería de Traballo e Benestar. * Subvención para o fomento de emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais da Consellería de Traballo e Benestar. * Subvención do programa de apertura de centros educativos públicos fora do horario lectivo nos Concellos de Galicia (Concello - escola). Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. * Subvención no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local. Consellería de Traballo e Benestar. * Subvención de actividades de información, orientación e Busca de emprego (orientación laboral 2011). Consellería de Traballo e Benestar.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Catoira (Tema) (Creador)