Fondos
-
S0600. Subvención recibida pola corporación local doutra administración
1.713/1. Expedientes de subvencións (2012)
Expedientes de subvencións (2012)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36010.AM.CAT.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.1.713/1
Título Expedientes de subvencións (2012)
Data(s) 2012 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Catoira(1836-2015) O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes. En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdición de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.
Institución arquivística Arquivo municipal de Catoira
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expedientes de subvencións 2012: * Obradoiros: Subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos Programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012 da Consellería de Traballo e Benestar. * Marcha ciclista: Programa deportivo "Únete a volta" da Deputación de Pontevedra. * Proxecto xeodestinos: Convenio firmado entre a Mancomunidade de Arousa Norte coa Secretaría Xeral para o Turismo co obxecto de crear programas de turismo ornitolóxico. * Escola de música: axudas dirixidas a conservatorios e escolas de música non dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. * Escola de música: axudas a escolas de música públicas da Deputación de Pontevedra. * Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL): subvencións as entidades locais para a contratación de AEDL da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento de emprego. * Contratación de traballadores desempregados: con cargo ao convenio suscrito entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do emprego. * Programa Camiños de Cultura promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais. * Formación: Adhesión ao Plan Agrupado de Formación da Deputación de Pontevedra. * Abandono escolar: Programa dirixido a redución do abandono escolar promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. * Plan de emprego da Deputación de Pontevedra. * Orientación laboral: subvención para a realización de actividades de información, orientación e búsqueda de emprego da Consellería de Traballo e Benestar.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Catoira (Tema) (Creador)