ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expedientes de subvencións (2013)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36010.AM.CAT.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.1.713/2

  • Título Expedientes de subvencións (2013)

  • Data(s) 2013 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Catoira(1836-2015) O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes. En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdición de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Catoira

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expedientes de subvencións 2013: * Twinning: Irmanamento coa vila de ATHENRY (Irlanda). * Programa "Goza do Ulla". * Prácticas da Universidade de Santiago de Compostela: Convenio FEGAMP - USC para prácticas nas entidades locais. * Turismo: Creación das comisións de traballo do Consello de Turismo de Galicia. Secretaría Xeral para o Turismo. * Escola de música: Axudas a escolas de música públicas da Deputación de Pontevedra. * Cultura no camiño: promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). * Protección Civil: subvención as agrupacións de voluntarios de protección civil dos concellos de menos de 50.000 habitantes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. * Fondo fotográfico: axudas destinadas a colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. * Escolas de música: axudas dirixidas a escolas de música non dependentes desta consellería. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. * Técnico de emprego: subvencións no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local da Consellería de Traballo e Benestar. * OMIX: Subvencións as entidades locais para actividades dirixidas a xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación as novas tecnoloxías da Consellería de Traballo e Benestar. * Festa da bicicleta: dentro do Programa deportivo "Únete a volta" da Deputación de Pontevedra. * Edición do libro das obras completas de Faustino Rey Romero. * Oferta de emprego de fisioterapeuta do Servizo Galego de Emprego. * Plan de práctica laboral: Convocatoria de 195 bolsas de práctica laboral para titulados universitarios nos concellos da provincia da Deputación de Pontevedra.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Catoira (Tema) (Creador)

Área de control da descrición