Fondos
-
S0600. Subvención recibida pola corporación local doutra administración
1.714/1. Expedientes de subvencións (2013-2014)
Expedientes de subvencións (2013-2014)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36010.AM.CAT.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.1.714/1
Título Expedientes de subvencións (2013-2014)
Data(s) 2013-2014 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Catoira(1836-2015) O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes. En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdición de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.
Institución arquivística Arquivo municipal de Catoira
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expedientes de subvencións 2014: * Programa Cultura no Camiño, conmemoración do 8º centenario da peregrinación de San Francisco de Asis. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. * Subvencións destinadas as entidades locais de Galicia para a Promoción da Información Xuvenil e para realización de actividades dirixidas a xuventude no ámbito da educación non formal (OMIX). Consellería de Traballo e Benestar. * Concesión de axudas a escolas de música públicas. Deputación de Pontevedra. * Subvención no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2013 (AEDL). Consellería de Traballo e Benestar. * Subvención para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais (Cooperación 2014). Consellería de Traballo e Benestar. * Expediente de organización do premio Modesto Rodríguez Figueiredo de literatura. Concello de Catoira. * Subvencións as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Concellos de menos de 50.000 habitantes ou mancomunidades para o ano 2014. Consellería de Presidencia, Adminsitracións Públicas e Xustiza. * Programa de camiños naturais do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente (enquisa). * Expediente de adhesión o Plan de Formación (Plan Agrupado) da Deputación de Pontevedra e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. * Expediente de adhesión a sección de concellos con intereses turísticos da FEGAMP.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Catoira (Tema) (Creador)