ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de contratación de persoal para o Obradoiro de Emprego Cambados Turismo Sostible II (2013-2014)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36006.AM.CAMB.2.GF001.F0004.SF037.S0321.6.477/2

  • Título Expediente de contratación de persoal para o Obradoiro de Emprego Cambados Turismo Sostible II (2013-2014)

  • Data(s) 2013-2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cambados(1836-) O concello de Cambados está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño, nas que residen preto de trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cambados

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de contratación de persoal para o Obradoiro de Emprego Cambados Turismo Sostible II. Contratación de: * Persoal directivo, docente e administrativo: Enrique Ferreiro Gómez, Mª Dolores Falcón Chaves, José Javier González Redondo, Mónica María Seijo Orjales e María Tonia Vidal Aragunde. * Alumnos de cantería: José Luis Chaves de Almeida, Benito Cores Castro, Juan Luis Díaz Rial, Ricardo Oliver Leal Fariña, José Ramón Padín Rodríguez, Adolfo Piñeiro Cores, Cristóbal Rosales Aguilar, Sonia Sabarís Morrazo, Francisco Aitor Sánchez Oubiña, José Manuel Vázquez Martínez. * Alumnos de xardinería: José Emilio Almeida Fresco, Francisco Javier Aragunde Fariña, María Carmen Costa Fuentes, Manuel Dozo Barreiro, Iván Longo Señoráns, Santiago Mariño López, Vanessa Moldes Torres, María Ángeles Ortega Valderrama, Begoña Piñeiro Morrazo, María Carmen Suárez Obrero.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cambados (Tema) (Creador)

Área de control da descrición