ATOPO
Rexistros actuais: 1.644.236
Obxectos dixitais dispoñibles: 506.162

Denuncia de oficio de Finca abandonada no 2010. (2010-2011)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3.GF002.F0008.SF098.S0778.7.990/12

  • Título Denuncia de oficio de Finca abandonada no 2010. (2010-2011)

  • Data(s) 2010-2011 (Produción)

  • Volume e soporte 2 Expedientes: .- un con 9 unidades documentais.

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Redondela(1836-2024) O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias. Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela

  • Historia arquivística Transferencia dende o Departamento de medio ambiente a través de D. Xosé Ramon Mato Lodeiro sen rexistrar. Expediente 2011000274 transferido dende Actividades o 2018-02-02 a través de Carmen Pérez Vaquero.

  • Forma do ingreso Expediente 2011000274: Transferencia nº 1529/2018

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Denuncia de oficio de abandono de finca en marxes do Avenida Mendiño, interior, propiedade de Arturo Toucedo Míguez Ano 2010-2011.

    Contén:
    .- Expediente 2011000274 de denuncia por almacén de materiais de construción sen licenza de actividade na Estrada PO-363, Avenida Mendiño, Cesantes.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición