Fondos
-
SF086. 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
2.631/1. Expediente de concesión de licenza de obra a Promociones Noroeste Gamar S.L.
Expediente de concesión de licenza de obra a Promociones Noroeste Gamar S.L.
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF002.F0007.SF086.SF087.S0679.2.631/1
Título Expediente de concesión de licenza de obra a Promociones Noroeste Gamar S.L.
Data(s) 2005-2009 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación docuemntal
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cotobade(1836-2015) O territorio do concello de Cotobade sitúase no interior da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós cento vinte e nove quilómetros cadrados con cento trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Licenza nº: 227/2007. Obra: Construción de vivenda unifamiliar. Propietario: Promociones Noroeste Gamar S.L. Lugar: Piñeiro, Tralasmós - Tenorio. Parcela 1. Contén: * Expediente sancionador ó Concello de Cotobade pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia pola concesión de licenza municipal urbanística no lugar de Piñeiro (área de protección do Cruceiro de Souto) sen contar ca autorización de dita Consellería. * Expediente de corrección de erros da licenza 227/07 (erro na data de visado). * Expediente de responsabilidade patrimonial contra a resolución da alcaldía, levase a cabo o contencioso administrativo nº PO 386/2008. Denunciante: Promociones Noroeste Gamar S.L. Denunciado: Concello de Cotobade. Concesión de licenza de segregación de finca orixinal en nove parcelas edificables en área de tolerancia de núcleo rural que finalizou ca denegación de licenza de obra para as parcelas 5, 6, 7 e 8. * Expediente de queixa presentada por José Luis González en representación de Promociones Noroeste Gamar ante o Valedor do Pobo debido a que o Concello de Cotobade denégalle licenza de obra en catro parcelas das que anteriormente identificaban como edificables. * Proxecto de segregación urbanística de solar en 9 parcelas urbanizables. Promociones Mirovi Pontevedra S.L. (antigo nome de Promociones Noroeste Gamar, S.L.). Lugar: Piñeiro - Traslamós (Tenorio).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Obras particulares Licenza urbanística España Galicia Pontevedra Tenorio (San Pedro) Tralasmós Cerdedo-Cotobade
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Tenorio (San Pedro) Tralasmós Cerdedo-Cotobade
Nome dos puntos de acceso Concello de Cotobade (Tema) (Creador)