ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente de contratación da construción e explotación dun Centro de Benestar e Actividades acuáticas no Concello de Baiona (2010-2011)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36003.AM.BAI.2.GF001.F0003.SF026.S0239.5.476/1

  • Título Expediente de contratación da construción e explotación dun Centro de Benestar e Actividades acuáticas no Concello de Baiona (2010-2011)

  • Data(s) 2010-2011 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Baiona(1836-) O territorio do concello de Baiona, situado na costa atlántica, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda cos concellos de Nigrán, Oia e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós trinta e un quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas actuais cinco parroquias: Baíña, Baiona, Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa, nas que residen máis de dez mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción real de Baiona. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove, dentro do Partido Xudicial de Vigo créanse os concellos de Bouzas, Lavadores, Nigrán, Vigo, Gondomar e Baiona. Este último, formado por cinco parroquias, non sufriu alteracións na súa configuración dende aquela.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Baiona

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de contratación á oferta mais ventaxosa con varios criterios, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria do contrato de construción e explotación dun Centro de Benestar e Actividades acuáticas no Concello de Baiona (Convenio entre o Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra para a financiación da redacción do proxecto básico, estudo xeotécnico e de viabilidade). Lugar: Parcela 1.3. "Os Tendais". Contén: - Estudo de alternativas e plan económico financieiro. - Estudo xeotécnico. - Proxecto básico.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Baiona (Tema) (Creador)

Área de control da descrición