ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente de actividade de reforma da discoteca Salitre (2010-2014)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36003.AM.BAI.2.GF002.F0008.SF098.S0761.5.659/1

  • Título Expediente de actividade de reforma da discoteca Salitre (2010-2014)

  • Data(s) 2010-2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Baiona(1836-) O territorio do concello de Baiona, situado na costa atlántica, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda cos concellos de Nigrán, Oia e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós trinta e un quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas actuais cinco parroquias: Baíña, Baiona, Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa, nas que residen máis de dez mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción real de Baiona. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove, dentro do Partido Xudicial de Vigo créanse os concellos de Bouzas, Lavadores, Nigrán, Vigo, Gondomar e Baiona. Este último, formado por cinco parroquias, non sufriu alteracións na súa configuración dende aquela.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Baiona

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de actividade de reforma da discoteca Salitre situada en Santísima Trinidade, nº 13. Contén: - Expediente de subsanación de deficiencias en muro lateral do aparcadoiro (2010). Denunciado: Ravina Bayona, S.L. Denunciante: Comunidade de Propietarios Panorama II en Avenida de Monterreal, nº 3-4. - Expediente de tramitación de licenza de actividade para Discoteca (2008). Peticionario: Ladeira Ocio, S.L. - Expediente de cambio de titularidade a favor de Ladeira Ocio, S.L. (2010). - Expediente de cambio de titularidade a favor de Ravima Bayona, S.L. (2011). - Expediente de cambio de titularidade a favor de Pablo García Fernández e Rosa María Castro Bastos (2011). - Expediente de cambio de titularidade a favor de Bayona Ocio, S.L. (2011). - Expediente de cambio de cambio de titularidade a favor de Ravima Bayona, S.L. (2013). - Proxecto de reparación e acondicionamento de local (2012). - Escritos 2013-2014. Solicitude de exhibición de expedientes administrativos e outras. Copias sentenzas.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición