ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente de solicitude de información urbanística de Gamesa

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36015.AM.CUN.2.GF002.F0007.SF081.S0629.2.886/61

  • Título Expediente de solicitude de información urbanística de Gamesa

  • Data(s) 2007 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cuntis(1836-) O concello de Cuntis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Caldas de Reis e Valga. Ocupa unha superficie superior ós setenta e nove quilómetros cadrados cun total de setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias: Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns, nas que residen algo máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Baños na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, crearase no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, o concello de Cuntis coas mesmas parroquias e disposición territorial que hoxe se mantén.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cuntis

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de solicitude de información urbanística respecto de parcelas afectas por parque eólico, parcela propiedade de María C. Torres Magariños. Solicitante: Eusebio Civeira Cibeira Rodríguez en representación de Gamesa. Lugar: Piñeiro, Estacacas, Cuntis. Parcelas: 1, 2, 3, 4, 5, 7, 8, 11, 12, 14, 17, 18, 19, 20, 21, 24, 26 A, 29 A, 33 A, 40 A, 80 - 2, 80 - 3, 80 - 4, 117, 119, 143.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición