ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435

CONCELLO DE MARÍN (FUNCIONAL)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36026.AM.MAR.2

  • Título CONCELLO DE MARÍN (FUNCIONAL)

  • Data(s) 1807-2017 (Creación)

  • Volume e soporte 208 unidades de instalación; 2059 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Marín(1836) Na marxe esquerda da ría de Pontevedra, recostada sobre o mar, érguese a vila de Marín, importante porto comercial, militar e pesqueiro do Atlántico. O terreo sobre o que se asenta é suavemente accidentado, presentando pequenas elevacións presididas polos cumes das serras de Marín e O Morrazo. Dista de Pontevedra -capital da provincia- 7 km., atopándose perfectamente comunicada ca mesma mediante un servizo regular de autobús. Pobos remotos deixaron en Marín pegadas do seu paso; dolmens, petróglifos e castros. Concretamente na praia de Mogor atópase o famoso labirinto que leva o seu nome, considerado como “máximo problema da prehistoria española”. Di a mitoloxía grega que o cidadán Egeo deixou partir ao seu fillo Teseo con rumbo á illa de Creta co fin de dar morte ao minotauro, para así liberar ao seu pobo de pagar o afrentoso tributo anual (sete doncelas e outros tantos mancebos que eran levados ao labirinto para servir de alimento ao Minotauro). Ao embarcarse nesta arriscada empresa, Egeo dá ao seu fillo dúas velas, unha branca e outra negra, para que ao seu regreso izase a branca se volvía vitorioso e a negra se fracasara ou morrera. Chegado a Creta, o intrépido Teseo namórase da princesa Ariadna, filla do rei Minos, e esta entrégalle un Fío que lle permitirá andar sen perderse polo labirinto. Deste xeito, Teseo logra chegar ata o Minotauro e darlle morte, salvando así a toda a súa xente e volvendo vitorioso a Grecia en compaña da súa amada Ariadna. Mais, no camiño de regreso, esquece izar a vela branca que debía anunciar ao vello Egeo a boa nova. E o pobre ancián, que esperaba ansioso día tras día a volta do seu fillo dende o alto dun promontorio da costa, ao distinguir a nave coa súa vela negra ao vento, crendo ao seu fillo morto, lamenta a súa sorte adversa e bótase ao mar. É moi notoria a franxa toponímica afín que parece darse e que chega dende os Alpes, por entre Francia e Italia, e norte de España. Quizais sexa esa inmigración ambro-liriolígur –os “Sefes”?- anteriores aos celtas. Os “Sefes” serían xa autores da celtización de Galicia. Como queira que sexa, os celtas tiñan a hexemonía no N.O. , ata a chegada dos romanos. A razón de non sobrevivir un maior acervo de palabras celtas dábase sen dúbida á superior cultura romana. A palabra desaparece coa cousa a servizo da cal está. É un dobrar definitivo na nosa historia, aínda que despois de instalados os romanos, Corominas cre que o céltico se mantivo vigoroso ata os tempos do Baixo Imperio. Os romanos entran en contacto con Galicia no ano 136 a. X.C. con D.J. Bruto, razón pola que se lle apelida galaico. Pola costa na que estamos navega no ano 136 a. X.C. o procónsul Publio Craso e, anos máis tarde, Xulio César na viaxe a Pharum Brigantium. No 26 a. X.C. dáse en Galicia a derradeira resistencia do Monte Medulio. É cando baixan os naturais dos castros e os colonos dividen e traballan a terra en réxime de granxas ou “villae” e man de obra nativa. É aí onde comeza o mundo de hoxe, o noso. En Marín, a praíña de Portocelo -I, portu-cellu- ou peirao descobre ladrillo e tégulas, algunha moeda e cimentos, e en fronte, no mar, ánforas romanas. Co sistema de granxas operouse o cambio de vida e de lingua no N.O. As vías romanas militares máis que nada, incluso as secundarias, chegaron a todas partes. Da “Vía per loca marítima”, nas proximidades de Pontevedra, partía unha desas vías o “veredae”, que chegaba ao Facho de Donón, percorrendo todo O Morrazo e atravesando Marín en toda a súa lonxitude. Os suevos chegan no ano 309, traendo o desconcerto á antiga orde. Ler o Cronicón de Idacio é ler o relato dun sen fin de enfrontamentos entre os romanos e os suevos. No ano 585 o reino católico suevo cae no poder de Leovixildo e Galicia pasa a ser parte do reino visigodo (Macías, 125 s.s.). Os suevos non cambiaron o marchamo romano, nin practicamente influíron na lingua; tampouco os visigodos. Eran de cultura inferior. Influíron, e moito, na nomenclatura toponímica. Reinhart opina, contra Piel, que o influxo suevo nisto foi moito maior do que se di e que a estes se deben “máis de 400 nomes xermánicos, supoñéndose ata agora que eran de orixe goda” (Reinhart 295-6). En todo caso, os nomes xermánicos impostos en Galicia dende o século VIII non gardan relación étnica, senón só lingüística, co sangue godo. Polo ano 715 chegan os árabes a Galicia. O influxo directo aquí debeu de ser moi exiguo. A través destes debeu de chegar o pouquisimo influxo árabe que en Galicia detectamos e, ao revés, o de Galicia en León, Castela e Sur, maior do que se afirma. É necesario ter en conta a presenza e permanencia de nobres galegos, de guerreiros e trobadores e menestreis, na corte de León, para non achacar todo matiz occidental ao portugués. “Galicia tivo moita importancia: foi núcleo do antigo reino suevo; foi restaurada despois, ás veces, como reino aparte en beneficio dalgún fillo segundo do rei leonés; en Galicia acostumaban educar aos príncipes, como Alfonso V, costume seguido no século XIII; Galicia era, en fin, gran centro relixioso por mor do sepulcro do apóstolo Santiago, o templo do cal atraía á peregrinación española e internacional. Por isto, Galicia influíu moito na linguaxe leonesa durante este período”. É tamén moi significativo, e haberá que dar razón diso, que as historias árabes chamen ao territorio propio, mahometano, “Spania”, mentres que á parte cristiá, sen distinción de reinos, “Galikia”. Incluso algunha vez dise “Imperio de Galicia”. Outro pobo que temos que ter en conta polo século X e antes: os normandos. Chegaban polo mar en son de asalto e botín, o que afectou profundamente e longo tempo á poboación costeira. A xente, en permanente atalaia, houbo de manterse afastada do mar. O que hoxe é Marín foi, por longo tempo, non máis ca un hangar ou alpendres para unhas lanchas e aparellos. O Marín daquela, o primitivo e evolucionado dunha vila do “Baixo Imperio”, estaba terra dentro, en “Sancro Juliano do Valle Marini”. Unha granxa romana, coma dez máis, de nome “vila” no municipio. Coa seguridade aumenta a poboación; fanse tomadas ou roteas. Nace Marín, o de hoxe. No ano 1112, cando por vez primeira a vemos nomeada, cuns poucos veciños e o seu alfoz e o mar á fronte. Un cabaleiro da corte de dona Urraca, Diego Arias de Deza, recibe da raíña, en pagamento dos bos servizos, o coto de Marín. Morta a súa dona toma o hábito do Císter en 1151, xa ancián, no mosteiro de Oseira, ao que fai cesión do seu coto en Marín. “Con todos sus términos, pertenecientes y derechuras” di o P.Tomás de Peralta, historiador do Mosteiro. Pero “los muchos años del dicho Diego y lo austero de la vida monacal… y su volubilidad, le hicieron cambiar de parecer a los cuatro años e irse a los hospitalarios de Portomarín, que hicieron lo posible por llevarse también el coto, con no corta pleito”. Marín, con todo, quedou unido na súa sorte ao mosteiro de Oseira por 685 anos, erixido Priorado. Oseira tiña aquí un prior e un granxeiro, con dependencias e servidume. Baixo a súa protección aséntanse colonos, foméntase a pesca e ábrese o porto ao comercio En 1521 o abade de Oseira ordena a construción do castelo de San Fernando para a defensa e seguridade de Marín. Igualmente, en 1626 díctanse sabias ordenanzas que impulsan a pesca. No século XVIII, Marín é unha potencia pesqueira e as industrias de salgadura, que a mediados deste século implantan os cataláns xunto coas novas artes de pesca, acrecentan a súa importancia. Durante a invasión francesa os marinenses participaron activamente na loita. No século XIX o porto é coñecido internacionalmente, establécense liñas de navegación por importantes compañías nacionais e estranxeiras e, en 1861, inaugúrase un servizo mensual directo de Marín a Montevideo e Bos Aires. Non obstante, o verdadeiro progreso da vila iníciase cando novas técnicas son introducidas na industria da pesca. Marín, hoxe cidade vizosa, basea a súa economía no porto. O seu é o 3º de Galicia, considerado entre os 4 primeiros da península, está dotado de excelentes servizos. Conta cunha frota pesqueira de 1ª magnitude na súa modalidade de arrastre con numerosos conxeladores de gran radio de acción. É porto piloto da CEE na pesca de rape. Conta con importantes plantas de conxelado de gran capacidade así como estaleiros de construción de buques de aceiro de grande tonelaxe. O seu porto comercial con calados de ata 14 m. en liña de atracada conta con monumentos de buques mercantes e de cabotaxe e atópase en período de ampliación das súas instalacións.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Marín

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Inclúense so determinados libros ou rexistros en soporte apel de diferentes series, organizados no seu dia.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban aos documentos e expedientes

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental

  • Organizació

    Cadro de clasificación funcional
    
    1ª División de función-subfunción
    GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
    GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal
    GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello
    GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno
    GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia
    GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local
    GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas
    GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros
     GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos
    GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais
    GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime
    GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá
    GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos
    GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno
    GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
    
    GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama
    GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios
    GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos
    GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental
    GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia
    GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade
    GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais
    GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións
    GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC
    GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas
    
    GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras
    GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas
    GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos
    GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos
    GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións
    GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta
    GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial
    GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada
    GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación
    
    GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS
    GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos
    GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal
    GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo
    GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
    GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo
    GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais
    GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social
    GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento
    GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais
    GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal
    GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais
    
    GF001.F0005 PATRIMONIO
    GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens
    GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta
    GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións
    GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes
    
    GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos
    GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso
    GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento
    GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables
    GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria
    GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento
    GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros
    GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións
    GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos
    GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos
    GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais
    GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público
    GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva
    GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas
    GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    
    GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO
    GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE
    GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico
    GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística
    GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio
    GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF084  2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
    GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
    GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución
    GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína
    GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas
    
    GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE
    GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural
    GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais
    GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas
    GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos
    GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade
    GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais
    GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades
    GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
    GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio
    GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola
    GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira
    GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira
    GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal
    GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial
    GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística
    GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados
    GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego
    GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor
    GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte
    
    GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
    
    GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS
    GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación
    GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación
    GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais
    GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares
    
    GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER
    GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais
     GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos
    GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer
    GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural
    
    GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN
    GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar
    GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios
    
    GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE
    GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde
    GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social
    GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social
    GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade
    GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios
    GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade
    
    GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ
    GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública
    GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
    GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas
    GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas
    GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas
    GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo municipal

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, excepto naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Marín exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

Área de control da descrición