Fondos
ES.GA.36055.ACHDT.3.. ARQUIVO HISTÓRICO DO HOSPITAL DE TUI
ARQUIVO HISTÓRICO DO HOSPITAL DE TUI
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.ACHDT.3.
Título ARQUIVO HISTÓRICO DO HOSPITAL DE TUI
Data(s) 1441-1975 (Creación)
Volume e soporte As unidades de instalación ocupan uns 180 metros lineais de estantes en soporte pergameo e papel.
Área de contexto
Nome do produtor Diócese de Tui-Vigo(1095-) A diocese é unha parte do Pobo de Deus que se confía a un bispo para que a apaciente coa colaboración do seu presbiterio. Así, unida a un pastor, que a reúne no Espírito Santo por medio do Evanxeo e a Eucaristía, constitúe unha Igrexa particular. Nela está verdadeiramente presente e actúa a Igrexa de Cristo unha, santa, católica e apostólica. (Cristus Dominus nº 11) A tradición reitera que a historia da nosa Diocese arrinca co episcopado de S. Epitacio no século I; pero, só contamos con apoio documental para establecer a sucesión dos seguintes bispos e os seus nomes, a partir de finais do s. VI. Eles estamparon as súas firmas ao pé das actas dos Concilios de Braga: Anila, en tempo dos suevos, e logo Neufila, Gardingo, etc. Bispos no desterro Durante as invasións árabes e normandas a presenza episcopal na sede tudense resultou moi dificultosa, por mor das continuas devastacións. Os bispos, con moita frecuencia, víronse obrigados a “desterrarse e refuxiarse” acollidos á hospitalidade dos seus irmáns veciños, unhas veces en Iria Flavia (Padrón), outras en Labrugia (Portugal) ou en San Esteban de Ribas do Sil (Ourense). Así do prelado Naustio (ca. 926-932) di unha escritura atopada en 1112 que os normandos e sarracenos penetraban na cidade de Tui polo río Miño e causaban moitos danos ao noso pobo, por iso o bispo retirouse ao mosteiro de Labruxe (Labrugia) para evitar sobresaltos, gobernando desde alí a diocese. O mesmo tiveron que facer Oveco (ca. 932-936), Vimara (936-948), Baltario (ca. 942-950) e Vilulfo (950-1002). Por iso os historiadores falan de “restauración” da diocese de Tui a finais do século XI, porque ata chegara a estar xuridicamente vinculada á de Santiago polo menos desde 1024. A recuperación da estabilidade con presenza episcopal definitiva acontece en 1095 cando os Condes de Galicia, D. Ramón de Borgoña e a súa esposa Dna. Urraca (a filla de Afonso VI) outorgan ao Bispo D. Aderico o “señorío de Tuy”, que excedía amplamente a liña do Miño. De Rebordáns á Catedral en Tui No citado ano 1095 menciónase a sede de “Santa María de Tui”, aínda cando parece que esta habería que situala entón en Rebordanes (actual igrexa de S. Bartolomeu) onde residía o Bispo. Porque é ao sucesor de Aderico, D. Afonso II, a quen algúns atribúen a iniciación das obras da Catedral actual (1120-1125) reinando Afonso VII “O Emperador”, fillo de Dna. Urraca. Outros con todo, asignan a honra de comezar a construción da Catedral ao Bispo D. Pelayo cara ao 1131 (el crearía segundo parece un mosteiro en Rebordanes baixo a regra de S. Agustín, no que vivían “cóengos da mesma igrexa”). Está claro historicamente que será o rei Fernando II (1170) quen mande trasladar a cidade “a un lugar máis alto e máis seguro” -o emprazamento actual- deixando a cidade antiga e outorgando ao Bispo novas doazóns “para que o Bispo D. Beltrán e o Cabildo poidan levantar -así di o documento real- un alcázar e torre xunto ao palacio episcopal e continuar a fábrica da Catedral”. A Catedral, cofre de “S. Telmo” Corresponderá ao Bispo D. Esteban Egea, esta vez co apoio do rei Fernando III “O Santo” e da súa nai Dna. Berenguela, terminar a obra e consagrar a Catedral na festividade de san Andrés do ano 1225, aínda que se fixou o 1º de decembro como día hábil litúrgicamente para conmemorar a dedicación. Foi o Bispo D. Lucas de Tui quen elixiu o lugar de honra que é a nosa Catedral para depositar nela (cara aos anos 1246-1249) o corpo do que agora é Patrón da Diocese, o Beato Pedro González vulgarmente coñecido como “San Telmo”, cuxas reliquias serían trasladas solemnemente á Capela actual, o 27 de abril de 1579. Momento crítico e azaroso na historia da Igrexa e consiguientemente da Diocese foi o do cisma de Occidente (1378-1417), pola división creada tamén entre os membros do Cabildo, adscritos a favor dos distintos pontífices. Así tras a polémica, a Colexiata de Valença do Minho con 230 parroquias en territorio portugués se desgaxarían do Obispado de Tui. Outras dúas Colexiatas existiron tamén na dioceses dedicadas ambas a Santa María: a de Baiona a Real (elevada a ese rango en 1482) e a de Vigo (en 1497). Ambas deixaron de ser “colexiatas” en virtude do Concordato de 1851 que fixo desaparecer esas categorías. Diocese de Tui-Vigo desde 1959 Hai unha data histórica recente da que acabamos de cumprir as Vodas de Ouro, o 25 de xuño de 1959, pola Bula “Quemadmodum impiger”, o Papa XOÁN XXIII concede á Diocese a dobre titularidade de Tui-Vigo e rango de Con-catedral ao templo vigués de Santa María. O Bispo Frei José López Ortiz trasladou desde entón a Residencia Episcopal, a Curia diocesana e o Seminario Maior á cidade de Vigo, o que orixinou tamén un só Cabildo con dobre sede. “Tui dará a Vigo a súa experiencia milenaria -dicía Frei José- e Vigo achegará á actividade diocesana o seu ritmo puxante de conquista activa e emprendedora”. A partir da dobre denominación da Diocese de Tui-Vigo ocuparon a sede diocesana quen son agora xa Bispos eméritos: D. José Delicado Baeza (1969-1975); D. José Cerviño Cerviño (1975-1996) e D. José Diéguez Reboredo (1996-2010). O territorio da Diocese -que en diversos momentos comprendeu terras hoxe de Portugal e do Ribeiro ourensán-, abarca na actualidade 1.721 quilómetros cadrados do sur da provincia de Pontevedra e é a máis pequena das dioceses españolas do territorio peninsular en extensión, aínda que non en poboación. Dividida en 276 parroquias, o último censo atribúelle unha poboación de 517.658 habitantes. Para a atención pastoral dos fieis dispón a Diocese de algo máis de douscentos sacerdotes entre os seculares e os relixiosos. O Seminario Maior "de San xosé" (Vigo) ten 15 seminaristas e no Seminario Menor “de S. Pelayo” ( Tui) estudan 18 aspirantes ao sacerdocio. Arquitectura e arte na Catedral Sobre a arquitectura da Catedral-fortaleza baste dicir que foi inicialmente románica e adaptada ás posibles necesidades defensivas; pero moi pronto se viu afectada polas novas correntes de transición ao gótico. Anótese tamén que o espléndido pórtico da fachada principal, no que están representadas escenas da Natividade, non sería concluído ata 1236. E na imposibilidade de enumerar todas as obras de arte encerradas na Catedral, invitamos a admirar a beleza artística e a teoloxía do misterio da encarnación genialmente expresada no retablo da Expectación, obra do redondelano Antonio do Villar (1722), que se acha no brazo sur do cruceiro xunto á porta que dá acceso ao Claustro; a detallada exposición da vida e milagres de San Telmo, na sillería do coro, obra de Francisco Castro Canseco (1699); tamén polo seu simbolismo, a sede desde a que nos preside o Bispo (obra de Domingo Rodríguez de Pazos, 1712) e os frontais do altar, que son do século XV, de inspiración mudéjar. A Igrexa Catedral é aquela en a cal o Bispo ten situada a súa Cátedra, signo do maxisterio e da potestade do pastor da Igrexa particular, como tamén é signo da unidade de todos os crentes na fe que o Bispo anuncia como pastor da grey». (Cerimonial dos Bispos nº 4)
Institución arquivística Arquivo Diocesano de Tui
Historia arquivística Dos documentos depositados no Hospital tudense e agora conservados no Arquivo Histórico Diocesano, o máis antigo é o que leva data de 24 de marzo de 1441 e trata dunha doazón que fixeron ó hospital de pobres e peregirnos da cidade Pedro Estévez, Juan da Bouza e Lorenzo Calvo, xustizas de Tui, e outros veciños da cidade. A doazón consistía nas “rendas do peso”, é dicir, o imposto do que se compraba e vendía no mercado. As constitucións do bispo D. Diego de Torquemada, publicadas o 15 de xaneiro de 1569, estableceron en quince artigos as normas polas que se debería rexer o Hospital de Pobres e o de San Xián dos Lázaros, situado este último no arrabal do Rollo.
Forma do ingreso Por transferencia directa de documentos e escrituras.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O 50% do volume documental corresponde ós libros administrativos, o 25% á documentación notarial e o outro 25% á acción pastoral da Inclusa.
Valoración, selección e eliminación Selecciónase a documentación que afecta a persoas físicas para preservar a súa honra e a súa boa fama das mesmas. Cabe destacar os legaxos co proxecto e memoria do derradeiro hospital e da inclusa.
Novos ingresos É un arquivo pechado porque a institución deixou de existir en 1954.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO HISTÓRICO DO HOSPITAL 1.- GOBERNO: 1.1.- Constitucións do bispo Torquemada 1.2.- Libro de actas 1.3.- Libro de correspondencia 1.4.- Vacantes de beneficios 1.5.- Rexistro de expósitos e enfermos 1.6.-Rexistro de militares 2.- LIBROS ADMINISTRATIVOS: 2.1.- Libros de contas 2.2.- Inventarios 2.3.- Padroádegos 2.4.- Foros e rendas 2.5.- Décimos 3.- ACCIÓN PASTORAL: 3.1.- Rexistro de bautizados 3.2.- Dilixencias matrimoniais 3.3.- Libro de defuncións 4.- FUNDACIÓNS: 4.1.- Patrimonios 4.2.- Capelanías e obras pías 4.3.- Fundación Félix Rodríguez 5.- DOCUMENTACIÓN NOTARIAL: 5.1.- Libro de documentos antigos 5.2.- Libro tumbo en pergameo 5.3.- Protocolos notariais 5.4.- Preitos 5.5.- Pedimentos 6.- DOCUMENTACIÓN CARTOGRÁFICA: 6.1.- Planos do novo hospital e da inclusa de Tui
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Ós documentos teñen acceso os investigadores e todo aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben aterse ás limitacións das leis vixentes e ó Regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
Condicións de reprodución A reprodución está moi limitada para evitar o deterioro e garantir a integridade da documentación. As fotocopias e as repoducións dixitais solicítanse cubrindo un impreso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos A maioría en papel, aínda que tamén existen documentos escritos en pergameos. O estado de conservación é aceptable, aínda que a humidade produciu deterioros en marxes e cubertas.
Instrumentos de descrición Ficheiro temático, guías e inventarios, parcialmente informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se sabe da existencia de orixinais fóra deste arquivo.
Existencia e localización de copias Non se coñecen.
Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
Ãrea de notas
Nota O fondo Hospital comprende tamén a Inclusa e ocupa o mesmo edificio có Arquivo Capitular e o Histórico Dioceano.