ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435

Fondos

COLECCIÓN DOCUMENTAL MANUEL YÁÑEZ

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.16

  • Título COLECCIÓN DOCUMENTAL MANUEL YÁÑEZ

  • Data(s) 1777-1810 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación con 16 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Martínez Yáñez, Manuel(s.XVIII-s.XIX) Manuel Martínez Yáñez, natural de Vigo, graduado na Facultade de Sagrados Cánones pola Real Universidade de Santiago. Foi pasante en xurisprudencia na Vila de Vigo arredor do ano 1777. Posteriormente, residiría na cidade de Tui e ostentaría o cargo de avogado da Real Audiencia de Galicia arredor do ano 1788.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Historia arquivística Esta documentación encontrábase integrada nunha colección facticia denominada "Documentación Xudicial". Durante o proceso de reorganización dos fondos documentais do Arquivo municipal iniciada no ano 2020, a documentación que compuña dita colección facticia foi reintegrada nos seus correspondentes fondos documentais (Concello de Vigo, Concello de Bouzas, Concello de Lavadores, Escola de Nenos etc.). A documentación que conforma esta colección foi segregada por non ter relación algunha con ningún dos fondos documentais existentes no Arquivo municipal, e agrupada en función do produtor da mesma.

  • Forma do ingreso Descoñécese

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación de carácter particular producida polo xurista Manuel Martínez Yáñez no desenvolvemento da súa actividade profesional. Desta forma podemos encontrar documentación de carácter xurídico así como correspondencia en relación aos asuntos legais nos que este participaba. Así mesmo inclúe publicacións manuscritas de carácter xurídico

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo dado a pequena dimensión do fondo e o seu carácter patrimonial e de conservación permanente.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que se trata dunha colección pechada

  • Organizació

    Esta colección esta organizada en base a tres agrupacións documentais:
    
    1.- Publicacións (1777-1803)
    2.- Correspondencia (1789-1810)
    3.- Escrituras e documentación xurídica (1791-1809)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación patrimonial de libre acceso.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Instrumentos de descrición Catálogo informatizado accesible a traves do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo municipal

  • Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de copias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Martínez Yáñez, Manuel (Tema) (Creador)

Área de control da descrición