ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.689
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.410

GUILLERMO VIDAL ESTARÁS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36002.AM.BAR.2

  • Título GUILLERMO VIDAL ESTARÁS

  • Data(s) 1932-2022 (Creación)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación con 124 expedientes ou agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Guillermo Vidal Estarás(1908-1990) Guillermo Vidal Estarás foi nado no concello de Inca, Illas Baleares, o 6.12.1908. Estudia na Escola Profesional de Peritos Agricolas de Madrid formando parte da Xunta Directiva da asociación de alumnos de Peritos Agricolas como Tesoureiro (El Sol 3.11.1935 pax.: 4), Chega a Barro para a realización de traballos como perito agrícola colexiado no Colexio de Peritos do Centro (Madrid) co nº 16 asentándose en dito concello no que permanecerá exercendo o sua profesión dende os anos 60 do seculo XX ata o seu falecemento o 22.07.1990. Levou a cabo o seu traballo como perito na elaboración de numerosos proxectos tanto para os veciños de Barro e concellos limítrofes como para obras de iniciativa municipal. Participa activamente na vida social e política do concello de Barro. Nas primeiras eleccións Locais celebradas en 1979 presentase as eleccións como cabeza da lista na candidatura do Partidos dos Traballadores de Galicia (PTG) que obtén dous concelleiros. Presentará a sua dimisión do cargo de concelleiro en xullo de 1981 Destaca o seu traballo de elaboración de documentación técnica no proceso de reivindicación, recuperación e clasificación dos Montes Veciñais en Man Comun do concello de Barro. Os seus restos descansan nunha sepultura de un pateón do cemiterio da parroquia da Portela cedida por un veciño amigo.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Barro

  • Historia arquivística Ao falecemento de Guillermo Vidal Estarás foi depositada no Xulgado de Paz de Barro unha maleta con documentación persoal, que non recolleron os familiares permenecendo na citada dependencia preto de trinta anos. Procedeuse a apertura da maleta con levantamento da acta correspondente o 28 de abril de 2022 polo Secretario do Xulgado de Paz, José Manuel Mosquera Cordo, e o Secretario do concello, Xesús Rodríguez Castro. Comprobouse o contido da maleta consistente en documentos distribuidos en varias carpetas: Carpeta Concello, Carpeta asuntos sobre montes, Carpeta asuntos sobre regos, traídas de augas e camiños, Carpeta proxectos de construcións agrícolas. Inclúe memorias, proxectos, documentación electoral, documentos sobre a súa actividade como concelleiro, recortes de prensa, documentos variados da época e outros documentos personais forman parte das carpetas. Dispúxose da entrega do contido da maleta ao concello para a súa incorporación o arquivo municipal, tendo en conta que ademais de desempeñar o cargo de concelleiro, no arquivo municipal constan de numerosos expedientes con proxectos memorias e planos da súa autoría dende os anos 60 os anos 90.

  • Forma do ingreso Depósito

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Inclúe documentación persoal de Guillermo Vidal Estarás, así como memorias, proxectos, documentación electoral, documentos sobre a súa actividade como concelleiro, recortes de prensa, documentos variados da época e outros.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun mal estado de conservación en boa parte do mesmo, afectado principalmente pola humidade e a suciedade froito do desamparo sufrido ó longo de moitos anos.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación informatizado.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñecen

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Guillermo Vidal Estarás (Tema) (Creador)

Área de control da descrición