Fondos
Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
Área de identificación
Identificador ES.GA.36031.AMMONBAL.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
Área de contacto
Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
Enderezo Enderezo (rúa) Rúa da Constitución, nº 1 Localidade Mondariz-Balneario Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36890
Adolfo Castro Carpintero
Enderezo Enderezo (rúa) Rúa da Constitución, nº 1 Localidade Mondariz-Balneario Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36890
Área de descrición
Historia Inclúese este territorio no partido xudicial de Ponteareas e na comarca xeográfica do Condado; no antigo réxime pertencía á provincia de Tui ata a división constitucional. Neste proceso de establecemento definitivo dos concellos, culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Ponteareas, establécense os concellos de Mondariz, Ponteareas, Setados e Salvaterra de Miño.
O arquivo municipal atópase na casa do concello, edificio exento con baixo, de extraordinaria altura e dotado dunha relevante arcada, e dúas plantas, unha delas parcialmente abufardada; o interior deste edificio foi recentemente rehabilitado na súa meirande parte; acolle esta edificación os diferentes servizos municipais así como a biblioteca, gardería, museo e sala de exposicións.
O concello de Mondariz-Balneario xorde como escisión do concello de Mondariz a finais do ano 1924, logo dunha previa segregación parroquial que supuxo a creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Troncoso, nos comezos do século XX, logo denominada Nosa Señora de Lourdes. Tamén se produciu a constitución inmediatamente anterior dunha Entidade Local Menor nesta parroquia, o que vén a se-lo antecedente directo da súa segregación e configuración como concello diferenciado. Dende entón ata a actualidade mantense esta realidade administrativa, configurándose como un dos concellos máis pequenos do Estado.
O local específico do arquivo atópase nunha sala rectangular, nun dos laterais da sala de exposicións da segunda planta. Neste espacio instaláronse un total de setenta e cinco metros lineais de estantes metálicos para a colocación das unidades de instalación en caixas de cartón ríxido, que son suficientes para os fondos existentes na actualidade. Carece o local de luz natural e ventilación suficiente, pero dispón de mesa de traballo e consulta.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos nos anos 1995, 1998, 1999, 2002, 2005, 2007, 2010 e 2013.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Elena Aguete Landín
José Luis Castro Carpintero
Jacobo Domínguez Pedreira
María del Carmen Fariña Fernández
Manuela González Rey
Inés Pájaro Porral
Roxelio Guillerme Pérez Agulla
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Iñaki Varela Pérez
Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez
Roberto Rodríguez Álvarez
Julio Rafael Pereira Bernárdez
Alberto Aramburu García-Pintos
Fátima Baña Hernanz
Pablo Pastoriza Rozas
Paula Boullosa RodríguezContexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Mondariz-Balneario ocupa unha superficie non superior ós 2,5 quilómetros cadrados, cunha única parroquia, a de Nosa Señora de Lourdes, e tres entidades singulares de poboación: O Pazo, San Pedro e Mondariz-Balneario. Nelas residen algo máis de setecentos habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses.
A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros.
O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo.
O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas..
O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.).
Outras normas relativas ao Réxime Local son:
O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais.
O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais.
O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local.
En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de GaliciaEstrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
-Rúa da Constitución, 1. 36890 Mondariz-BalnearioFondos 1.-Fondo concello de Mondariz-Balneario
2.- Fondo Irmandade Sindical de Labregos e GandeirosInstrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario arquivo do concello de Mondariz-Balneario” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 21 D.L. PO-411-00 ISBN: 84-8457-030-4 *"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 *"Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas. Tomo I, pgs. 233-246.
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos