Fondos
Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio
Área de identificación
Identificador ES.GA.36038.AXES.CON
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio
Área de contacto
Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio
Enderezo Enderezo (rúa) Pazo provincial Avenida de Montero Ríos, s/n Localidade Pontevedra Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36071
Área de descrición
Historia
Contexto xeográfico e cultural
Atribucións / fontes legais Desde o Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra concértanse, tramítanse e xestiónanse todos os contratos que subscribe a institución provincial con entidades públicas e privadas, necesarios tanto para a súa xestión interna coma para a prestación dunha asistencia xurídica e técnica ós municipios da provincia de Pontevedra, especialmente ós de menor capacidade económica. Por outra banda, desde este servizo tamén se leva a cabo a contratación relacionada cos proxectos integrais que teñen como obxectivo fomentar o desenvolvemento económico e social da provincia.
Actualmente atopámonos ante o comezo dunha nova etapa na xestión administrativa, orientada a lograr a plena inserción dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos no ámbito da contratación pública, co fin de facer máis fluídas e transparentes as relacións entre os órganos de contratación e os operadores económicos.
A Deputación, co proxecto eDepo, ten a clara determinación de afrontar ese reto, coa transición a un sistema de contratación plenamente electrónico nos próximos anos.
Funcións en contratación
> Asesoramento á Corporación provincial en materia de contratación administrativa.
> Asistencia, cooperación xurídica e técnica ós municipios da provincia de Pontevedra en materia de contratación.
> Xestión integral de proxectos orientados ó desenvolvemento económico e social da provincia.
> Redacción e xestión de convenios de colaboración con entes, organismos e entidades para desenvolver actuacións no ámbito do desenvolvemento económico e social da provincia de Pontevedra.
> Colaboración cos restantes servizos da Deputación para resolver os seus problemas de contratación e de xestión patrimonial e canalizar a formulación e a preparación das actuacións, de cara á súa adecuada execución.
> Tramitación de expedientes e realización das actuacións complementarias que se precisen, relativas á contratación.
> Coordinación e secretaría das mesas de contratación provinciais, cos seus actos accesorios e complementarios.
> Actuación como oficina auxiliar da mesa de contratación.
> Estudo, planificación e desenvolvemento de actuacións para o establecemento de metodoloxías que permitan unha xestión máis eficaz e eficiente dos contratos públicos, así como a interacción cos licitadores/provedores.
Funcións en xestión patrimonial
> Xestión do Inventario de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra, de acordo cos diferentes epígrafes establecidos no R. d. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais: Inmobles; Dereitos reais; Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico; Valores mobiliarios, créditos e dereitos; Vehículos; Semoventes; Mobles non comprendidos nos anteriores enunciados; Bens e dereitos revertibles.
> Tramitación de expedientes relacionados co patrimonio inmobiliario: adquisición, disposición, destino, utilización, alleamento, permuta de bens e cesión de bens a outras administracións públicas.
> Tramitación de escrituras, actas de cesión e outros instrumentos públicos: preparación, comprobación e execución.
> Tramitación de expedientes de cesión de terreos destinados a viario ou outros espazos públicos: preparación, comprobación, formalización e execución.
> Tramitación de expedientes de inmatriculación, segregación, agrupación e declaración de obra nova de bens inmobles de titularidade provincial.
> Tramitación e xestión de impostos relacionados co patrimonio (imposto de bens inmobles, imposto de vehículos de tracción mecánica, etc).
> Tramitación e xestión de seguros relacionados co patrimonio (seguros de edificios, vehículos, obras de arte, etc).
> Xestión da frota de vehículos e maquinaria da Deputación de Pontevedra.
> Asesoramento á Corporación provincial e asistencia técnica a pequenos municipios en materia de xestión do patrimonio das entidades locais.Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos Produción da documentación nos Arquivos de Xestión no desenvolvemento das súas competencias e funcións. Custodia dos mesmos durante o primeiro período do ciclo vital dos documentos (0-5 anos).
Edificio(s) Servizo de Contratación e Patrimonio
Pazo provincial
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071 PontevedraFondos Fondo do Arquivo de Xestión do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio
Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Área de acceso
Horarios de apertura
Condicións e requisitos para o uso e o acceso
Accesibilidade Restrinxido
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación Non
Servizos de reprodución Non
Espazos públicos