Fondos
Arquivo da Fundación Penzol
Área de identificación
Identificador ES.GA.36057.AFP
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo da Fundación Penzol
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo da Fundación Penzol
Área de contacto
Francisco Domínguez Martínez
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Princesa, 2 Localidade Vigo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36202
Arquivo da Fundación Penzol
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Princesa Localidade Vigo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36202
Marián Vidal Fraire
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Princesa, 2 Localidade Vigo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36202
Benito Ramírez Abal
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Princesa, 2 Localidade Vigo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36202
Área de descrición
Historia O Arquivo da Fundación Penzol ten o seu núcleo inicial na doazón de Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), quen ao longo da súa vida forma unha das coleccións bibliográficas e documentais privadas máis importantes de Galicia, recompiladas precisamente pola súa relación con esta. Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu en Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Na etapa previa a guerra civil coñece a varios dos membros das Irmandades da Fala e do Grupo Nós, representantes dunha corrente de reivindicación cultural e política de Galicia. O desencadeamento da guerra e o posterior triunfo franquista supón a aniquilación deste escenario: artistas e militantes son represaliados, silenciados ou parten ao exilio. Fermín Penzol uniuse, entre 1943 e 1948, a un grupo de mozos que optan por recompoñer o Partido Galeguista na clandestinidade, impulsados pola derrota do fascismo en Europa. Non obstante, a consolidación do réxime e o apresamento de dirixentes provocan unha nova formulación estratéxica baseada na resistencia cultural, co obxectivo de recuperar da conciencia de Galicia e a súa proxección na cultura universal. En 1950, por iniciativa de varios membros deste grupo e coa participación de Fermín Penzol, créase a Editorial Galaxia, na que publicarán autores clave da literatura galega contemporánea. No período que vai de 1950 a 1975 esta xeración, hoxe coñecida como Xeración Galaxia, puxo en marcha ou colaborou en numerosas iniciativas dirixidas a cubrir a ausencia de institucións dedicadas a proporcionar un enfoque cultural en clave galega, ocupando o baleiro de institucións públicas que cubriran esta demanda. Neste contexto prodúcese a entrega simbólica da colección de Fermín Penzol á Editorial Galaxia en 1956, que dará lugar uns anos máis tarde a constitución da Fundación que leva o seu nome. A Fundación Penzol constitúese mediante escritura pública outorgada en Vigo o 7 de abril de 1963 coa misión de servir ao estudo e á investigación da historia e dos problemas da realidade cultural e social galega. No mesmo documento acórdase a formación dun Padroado como órgano de goberno da entidade, presidido polo propio Fermín Penzol e no que figuran entre outros Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro ou Ricardo Carvalho Calero. Instálase na cidade de Vigo, no número 24 da rúa Policarpo Sanz. Inicialmente o Arquivo esta formado fundamentalmente por documentación adquirida en librerías de vello por Fermín Penzol. A súa procedencia é moi heteroxénea e contempla fondos públicos e privados. Co paso do tempo, vanse incorporando toda unha serie de fondos procedentes de particulares, sobre todo fondos de persoas sobranceiras no eido cultural galego que constitúen hoxe un dos seus grandes bloques. A organización inicial débese a colaboración desinteresada dos arquiveiros Olga Gallego e Pedro López, autores das primeiras guías e inventarios. En 1985 a Fundación acada un convenio co Concello de Vigo, polo que este ultimo cede un espazo na Casa Galega da Cultura, antigo edificio do Concello. O convenio tamén supón a cesión de persoal, dedicado sobre todo o tratamento do fondo bibliográfico. En 1995 prodúcese a renovación do edificio da Casa Galega da Cultura, sé actual da Fundación Penzol na que comparte dependencias coa doazón de Francisco Fernández del Riego á cidade de Vigo. A Fundación Penzol mantén a titularidade privada mentres que a doazón Fernández del Riego, director a súa vez da Penzol entre 1963 e 2009, é de titularidade municipal. A Fundación Penzol realizou a súa última modificación de estatutos no ano 2018, en virtude do recoñecemento como entidade beneficiaria da actividade de mecenado (Lei 49/2002, de 23 de decembro, do réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos).
Contexto xeográfico e cultural O Arquivo da Fundación Penzol sitúase na cidade de Vigo, aínda que o seu ámbito alcanza ao conxunto de Galicia. Intégrase nunha institución cultural privada que nace coa finalidade de servir de apoio á investigación e coñecemento da realidade política, social e cultural galega, principalmente a través de fondos privados producidos no ámbito da sociedade civil contemporánea (persoas, familias ou entidades), que se completan con coleccións de documentos públicos e privados de etapas anteriores.
Atribucións / fontes legais
Estrutura administrativa A Fundación Penzol é unha entidade privada gobernada a través dun padroado. Ademáis do seu presidente o padroado nomea un director encargado da súa xestión. O persoal técnico, dotado polo Concello de Vigo, está formado por unha dirección xeral técnica conxunta para os fondos de arquivo e biblioteca. O arquivo e a biblioteca figuran separados en dúas seccións.
Xestión de documentos e política de ingresos Os ingresos actuais de fondos son o resultado principalmente de doazóns de particulares e excepcionalmente de depósitos, que se incorporan ao fondo existente tras a aplicación previa duns criterios obxectivos. A Fundación Penzol garante a conservación e tratamento da documentación ingresada, así como a súa divulgación posterior.
Edificio(s) O edificio provén da unión de dous, un de 1785 con fronte á praza da Constitución, que ocupaba a Casa Consistorial de Vigo e outro á praza da Princesa que en 1858 anexionou o arquitecto José María Ortíz. Dende esta data o inmoble é de propiedade municipal. No ano 1978 o Concello trasladase á súa sede actual e o lugar convértese en Casa da Cultura. En 1985 o Concello, conforme ao Convenio asinado coa Fundación Penzol, cede a esta os locais necesarios para instalar a súa biblioteca e os seus servizos. No 1993 o edificio inicia unha reforma, na que se inclúe a anexión do edificio contiguo con fronte á Porta do Sol. O 15 de xuño de 1995 inaugúrase co nome de Casa Galega da Cultura. Na actualidade comparten espazo no mesmo a Fundación Penzol e a Bibloteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Conta ademais cunha sala de exposicións temporais e un salón de actos cun aforo de 66 persoas, dependentes do Concello de Vigo.
Fondos En orixe estaba integrado por documentos soltos ou formando lotes que saían á venda adquiridos por Fermín Penzol. Co paso dos anos multiplícanse doazóns ou legados de persoeiros e entidades. Todos de procedencias diversas, aínda que referentes a Galicia. O volume aproximado é de 150 metros lineais, con datas dende 1135 ata a actualidade. Divídense en fondos públicos, fondos privados e fondos especiais. • Fondos públicos: Comprenden documentos notariais, fondos xudiciais e da administración. Documentos diversos que reflicten a actividade de escribáns, da Real Audiencia de Galicia, Capitanía Xeral, Real Intendencia, etc... • Fondos privados: Eclesiásticos de mosteiros, dioceses, parroquias e fundacións; familiares pertencentes á nobreza e fidalguía galegas (Arias Teixeiro, Brión, Marquesado de Vilagarcía,...); unipersoais (Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro,...); de asociacións e económicos. • Fondos especiais: principalmente coleccións documentais; executorias de fidalguía, pergameos e documentos soltos. Ademais destes fondos documentais, na Casa Galega da Cultura está depositado o Arquivo de Francisco Fernández del Riego, doado ao Pobo de Vigo. Este arquivo contén importantes documentos relacionados co galeguismo dos tempos da República e da posguerra que se complementan cos fondos persoais de protagonistas do galeguismo que custodia a Fundación. Ambos os dous arquivos figuran na base de datos e pódense consultar conxuntamente no seguinte enlace de acceso.
Instrumentos de descrición, guías e publicacións > Gallego Domínguez, Olga e López Gómez, Pedro. Guía das coleccións bibliográficas e documentais da Fundación Penzol. Vigo: Fundación Penzol, 1980. > Gallego Domínguez, Olga e López Gómez, Pedro. Os protagonistas do galeguismo no Arquivo da Fundación Penzol. En: Grial, nº 73, 1981, p. 356-376. > Novas Penzol. A Fundación Penzol envía a través dunha lista de correo un boletín con referencias dos seus fondos bibliográficos e documentais, con temática monográfica. > Actualmente pódese consultar as descricións de fondos en liña a través do portal https://fondospenzol.vigo.org, empregado conxuntamente co Arquivo da Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego.
Área de acceso
Horarios de apertura Luns a venres de 9 a 14 horas.
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre e gratuíto para todos os cidadáns, previa identificación e solicitude. So poderá limitarse o acceso a documentación nos seguintes supostos: 1/ Documentación afectada pola lexislación en materia de acceso. 2/ Documentación en mal estado de conservación ou restauración. Visitas guiadas: A Fundación Penzol organiza visitas guiadas ao arquivo e biblioteca para dar a coñecer os seu fondos, instalacións e servizos. É preciso concertar cita previa a través do teléfono ou na dirección de correo direccion.penzol@vigo.org.
Accesibilidade Edificio accesible a discapacitados.
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación A Fundación Penzol dispón dunha sala de consulta e estudo con 30 postos de lectura, común para os usuarios do arquivo e da biblioteca e compartida coa doazón do Museo Biblioteca Francisco Fernández del Riego. A sala dispón de puntos de recarga para dispositivos portátiles e acceso a conexión wi-fi. Pódese realizar a reserva de documentación vía telefónica ou no correos casagalegacultura@vigo.org e benito.ramirez@vigo.org. Préstase un servizo de asistencia e orientación na busca sobre os fondos custodiados. Pódese acudir de modo presencial ou a distancia a través do teléfono ou nos correos casagalegacultura@vigo.org e benito.ramirez@vigo.org
Servizos de reprodución Normas de carácter xeral: 1. As reproducións serán realizadas polo persoal do centro. 2. Poderanse reproducir: A) Libros: - Só os publicados despois de 1920 - Ata un máximo do 10% da súa extensión - Os que non estean deteriorados ou que poidan sufrir coa súa manipulación B) Documentos: Ata un máximo de 30 reproducións 3. Calquera excepcionalidade sobre esta normativa será valorada polo persoal responsable do centro e atendida previa entrega dos formularios de solicitude de reprodución de fondos bibliográficos e/ou arquivísticos. Os fondos poderán ser reproducidos mediante: ➢ Fotocopia: 0,30 € por copia. ➢ Copia dixital: 1 € por copia. ➢ Fotografado dixital: previo orzamento dun profesional Os fondos anteriores a 1920 e aqueles outros de singular ou especial valor, só serán reproducibles en soporte dixital con marca de auga. Poderase solicitar saída impresa a partir da copia dixital. As reproducións que teñan por obxecto a publicación deberán ser autorizadas pola dirección da Fundación Penzol a efectos informativos e estatísticos, sen que en ningún caso esta autorización poida estenderse a cesión de dereitos de propiedade intelectual. Serán remitidos a Fundación tres exemplares da obra publicada para a incorporación aos seus fondos. A publicación citará a procedencia da obra reproducida.
Espazos públicos O edificio dispón dun salón de actos con aforo para 66 persoas e unha sala de exposicións temporais, ambos xestionados directamente polo Concello de Vigo. Instalación na que se reproduce o gabinete de Ramón Piñeiro na súa casa da rúa Xelmírez de Santiago de Compostela. Acceso a internet de balde.