Fondos
Arquivo da Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego
Área de identificación
Identificador ES.GA.36057.AFFR
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo da Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo da Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego
Área de contacto
Arquivo da Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Princesa, 2 Localidade Vigo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36202
Marián Vidal Fraile
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Princesa, 2 Localidade Vigo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36202
Benito Ramírez Abal
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Princesa, 2 Localidade Vigo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36202
Área de descrición
Historia O arquivo resposta a documentación persoal de Francisco Fernández del Riego (1913-2010), personaxe clave na cultura galega do século pasado que no ano 1995 doa ao pobo de Vigo a súa colección artística, biblioteca e arquivo. Escritor e xornalista, nace na vila luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro do 1913 sendo o maior de once irmáns. Realiza os seus estudios na vila natal e nos escolapios de Monforte de Lemos. En 1930 comeza os estudios de Dereito na Universidade Central de Madrid, onde asiste a proclamación da II República. O ano seguinte trasládase xunto coa sua familia a Santiago de Compostela, onde prosegue os seus estudos de Dereito e enceta os de Filosofía e Letras. En Santiago de Compostela participa nunha intensa actividade política e cultural. Participa na Xunta de Goberno da Universidade como delegado da Federación Universitaria Escolar (F.U.E.) defendendo a galeguización da Universidade, tamén na Agrupación Universitaria Española Pro-Sociedad de Naciones e na Secretaría Xeral dos grupos Ultreya... Forma parte do Seminario de Estudos Galegos e da Asociación de Escritores de Galicia durante a súa breve existencia. En 1934 incorpórase a docencia universitaria. Iniciara xa a colaboración na prensa galega da época ben a través da participación directa (Universitarios, Alento, Ser, Guieiro ou Nós), ben coa publicación de artigos seus ( A Nosa Terra, Heraldo de Galicia, El Pueblo Gallego ou La Región entre outros). Colabora coa prensa da emigración en América mediante artigos en A Fouce, Galicia, etc... En 1932 incorpórase á militancia no Partido Galeguista. Intervén na elaboración e campaña de propaganda do Estatuto de Autonomía e desenvolve a Secretaría Xeral da Federación de Mocedades Galeguistas. Participa activamente na campaña electoral do ano 1933 e na do 1936 pronunciando discursos por toda Galicia. A guerra civil de 1936 e a feroz represión franquista termina coa morte e o exilio de moitos amigos e compañeiros de militancia política. Despois de permanecer agochado durante un tempo acóllese a mobilización forzosa para se protexer da persecución. Rematada a guerra é destituído como profesor universitario, inhabilitado para a docencia e sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. En 1940 traslada a súa residencia a Vigo onde comeza traballando como avogado no despacho de Valentín Paz Andrade e colabora na redacción da revista Industrias Pesqueras. Casa con Evelina Herbella Nieto na Rúa de Petín (Valdeorras) e a pesar da súa inhabilitación traballa como profesor no Colexio Mezquita e despois no Labor ocultando parcialmente a súa identidade. Durante os seus primeiros anos en Vigo retoma os seus contactos con vellos galeguistas e se decide a reorganización do Partido Galeguista na clandestinidade. Xunto a Ramón Piñeiro establecen os contactos cos exiliados de América, coa oposición política ao réxime no interior e con exiliados en Francia. Ante os cambios no panorama internacional e a consolidación do franquismo prodúcese unha muda de estratexia nas actividades do galeguismo. Na busca dunha aparencia legal e no desexo de manter a visibilidade da causa galeguista créase en 1950 a Editorial Galaxia. Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto serán os grandes catalizadores da actividade da editorial. Piñeiro e Del Riego co-dirixen a revista Grial desde o ano 1963 ao 1988, afondando no coñecemento e divulgación da cultura galega. En 1963 , baixo o auspicio dos membros de Galaxia, créase a Fundación Penzol, que Fernández del Riego dirixiu desde o seu comezo ata o ano 2009. Os contactos coa emigración mantéñense desde a década dos corenta mediante o envío de artigos e a publicación de obras a cargo das institucións culturais do exilio. Fernández del Riego e elixido representante do Centro Gallego de Buenos Aires en Galicia, cargo que ocupa entre os anos 1949 e 1968. Publica en Bos Aires Cos ollos do noso esprito e inicia unha prolífica labor como escritor, sobre todo no eido do ensaio. Parellas a todas estas actividades enceta de novo as colaboracións na prensa da época. Significativa, aínda que breve debido ao clima político imperante, é a sua participación na elaboración do Suplemto do xornal La Noche ou a colaboración nas emisións galegas da BBC londinense. Pero foi nas páxinas de El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e o devandito La Noche onde Francisco Fernández del Riego, agora baixo o alcume Salvador Lorenzana, máis se prodiga en artigos, recensións e críticas literarias . Xunto a editorial e xornalista destaca a faceta de conferenciante en Galicia, Portugal e América. Milita no Partido Socialista Galego desde os seus inicios en 1964 coa chegada da democracia e elixido candidato ao Senado pola Candidatura Democrática Galega de Pontevedra nas elección de 1977. A pesar de ter colaborado en diversas iniciativas en defensa de Galicia e a sua cultura, Fernández del Riego abandona toda escea política desta época centrándose no seu traballo de xornalista e escritor. Desde 1960 é membro numerario da Real Academia Galega. Por iniciativa súa a institución decidiu celebrar o centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a partir de 1963, cada 17 de maio como Día das Letras Galegas. Entre os anos 1997 e 2001 foi presidente desta institución contribuíndo decisivamente ao seu anovamento. Colabora tamén con outras institucións como o Patronato Rosalía de Castro, a Fundación Otero Pedrayo, o Instituto Galego da Información, o Consello da Cultura Galega, etc... Autor de gran cantidade de artigos e ensaios sobre aspectos diversos da cultura galega foi recoñecido con diferentes distincións: Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, premio Pedrón de Ouro, Medalla Castelao, Galego Egrexio, Medalla de Ouro de Galicia, etc... A colección artística, arquivo e biblioteca de Francisco Fernández del Riego incorpóranse o Concello de Vigo coa aprobación do convenio por unanimidade dos membros do Pleno, en sesión do 30 de xaneiro de 1995. Entre as condicións , ademais da instalación dos fondos na Casa Galega da Cultura de Vigo, figuraban o mantemento do uso público dos fondos e a exposición de obras artísticas. Para o seguimento do convenio estableceuse un Padroado no que tamén participa o secretario da Fundación Penzol. Coa morte de Francisco Fernández del Riego no ano 2010, remata a incorporación de material ao seu arquivo. Un pequeno grupo de fondos arquivísticos xunto a varias obras de arte conservadas no seu domicilio ingresan nestas datas mediante un legado testamentario incorporado ao Concello de Vigo por acordo do pleno en sesión de 20 de marzo de 2011.
Contexto xeográfico e cultural O arquivo de Francisco Fernández del Riego sitúase na cidade de Vigo. O titular do mesmo é o Concello de Vigo, aínda que nunca chegou a incorporarse ao arquivo municipal. Por vontade do doador estableceuse unha cláusula para que tanto o arquivo como a biblioteca e colección de arte se instalasen na Casa Galega da Cultura. O arquivo comparte espazo e persoal coa Fundación Penzol, entidade de titularidade privada, da que Fernandez del Riego foi director ao longo de 46 anos ademais dun dos seus grandes valedores. Ambos fondos documentais, o da Fundación Penzol e o da Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego, resultan complementarios no estudo da realidade política e cultural galega do século XX. As características particulares da doazón propiciaron o establecemento dunha identidade e tratamento diferenciados para o Arquivo da Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego a pesar da súa titularidade municipal.
Atribucións / fontes legais
Estrutura administrativa A estrutura administrativa incardinase dentro da área de cultura do Concello de Vigo. Dependente desta existe unha dirección xeral técnica conxunta para os fondos artísticos, de arquivo e biblioteca. Por debaixo figuran dúas seccións, especializadas en arquivo e biblioteca respectivamente.
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) O edificio provén da unión de dous, un de 1785 con fronte á praza da Constitución, que ocupaba a Casa Consistorial de Vigo e outro á praza da Princesa que en 1858 anexionou o arquitecto José María Ortíz. Dende esta data o inmoble é de propiedade municipal. No ano 1978 o Concello traslada á súa sé actual e o lugar convértese en Casa da Cultura e Biblioteca Pública. En 1985 o Concello, conforme ao Convenio asinado coa Fundación Penzol, cede a esta os locais necesarios para instalar a súa biblioteca e os seus servizos. No 1993 o edificio inicia unha reforma, na que se inclúe a anexión do edificio contiguo con fronte á Porta do Sol. O 15 de xuño de 1995 inaugúrase co nome de Casa Galega da Cultura. Na actualidade comparten esta dependencia municipal a Fundación Penzol e a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Conta ademais cunha sala de exposicións temporais e un salón de actos cun aforo de 66 persoas.
Fondos O arquivo límitase á custodia do fondo persoal de de Francisco Fernández del Riego, conxunto non obstante prolixo en documentación no que podemos destacar a seguinte documentación: - Correspondencia: abrangue a gran cantidade de personaxes da vida política e cultural de Galicia no século pasado. Destaca a mantida con escritores e artistas, a raíz do papel desenvolto por Fernández del Riego na recuperación na vida cultural e artística galega durante a ditadura. - Actividade política: recolle a súa participación política desde os tempos da segunda República, aínda que destaca por conservar a documentación do Partido Galeguista tras o seu restablecemento na década de 1940, dentro da actividade clandestina. - Actividade como editor: Fernández del Riego foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, encargándose de boa parte da súa actividade inicial. - Obra propia: autor moi prolífico de artigos xornalísticos e de ensaios fundamentalmente dirixidos a crítica literaria. - Coleccións: ocupan un volume considerable e inclúen desde propaganda política á orixinais literarios. O arquivo da Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego pódese consultar conxuntamente co Arquivo da Fundación Penzol a través dunha base de datos accesible en liña e dispoñible no seguinte enlace: https://fondospenzol.vigo.org
Instrumentos de descrición, guías e publicacións - Mª Amelia Cibeira Badía, Xosé A. Esmorís Gómez, Paula Fernández Bañuelos, Esther Fernández Pérez, Cristina Villaverde Ruibal; Arquivo Francisco Fernández del Riego, organización e descrición. En As novas tecnoloxías ó servicio do usuario:III Xornadas de Arquivos, Bibliotecas, Centros de Documentación e Museos de Galicia : Ferrol, 23-25 setembro 1999 [organiza ANABAD-Galicia].[Santiago de Compostela] : Xunta de Galicia, 1999. P. 161-169. Actualmente pódese consultar as descricións de fondos en liña a través do portal https://fondospenzol.vigo.org, empregado conxuntamente co Arquivo da Fundación Penzol.
Área de acceso
Horarios de apertura Luns a venres de 9 a 14 horas
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre e gratuíto para tódolos cidadáns, previa identificación e solicitude Só poderá limitarse o acceso á documentación nos seguintes supostos: 1/ Documentación afectada pola lexislación en materia de acceso 2/ Documentación en mal estado de conservación ou restauración
Accesibilidade Edificio accesible a discapacitados
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación Sala de consulta e estudo con 30 postos de lectura, común para os usuarios do arquivo e da biblioteca e compartida coa Fundación Penzol. A sala dispón de puntos de recarga para dispositivos portátiles e acceso a conexión wi-fi. Pódese realizar a reserva de documentación vía telefónica ou no correos casagalegacultura@vigo.org e benito.ramirez@vigo.org. Préstase un servizo de asistencia e orientación na busca sobre os fondos custodiados. Pódese acudir de modo presencial ou a distancia a través do teléfono ou nos correos casagalegacultura@vigo.org e benito.ramirez@vigo.org.
Servizos de reprodución Normas de carácter xeral: 1. As reproducións serán realizadas polo persoal do centro 2. Poderanse reproducir: A) Libros: - Só os publicados despois de 1920 - Ata un máximo do 10% da súa extensión - Os que non estean deteriorados ou que poidan sufrir coa súa manipulación B) Documentos: Ata un máximo de 30 reproducións 3. Calquera excepcionalidade sobre esta normativa será valorada polo personal responsable do centro e atendida previa entrega dos formularios de solicitude de reprodución de fondos bibliográficos e/ou arquivísticos Os fondos poderán ser reproducidos mediante: ➢ Fotocopia: 0,30 € por copia ➢ Copia dixital: 1 € por copia ➢ Fotografado dixital: previo orzamento dun profesional Os fondos anteriores a 1920 e aqueles outros de singular ou especial valor, só serán reproducibles en soporte dixital con marca de auga. Poderase solicitar saída impresa a partir da copia dixital.
Espazos públicos O edificio dispón dun salón de actos con aforo para 66 persoas e unha sala de exposicións temporais. Acceso a internet de balde.