ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo Universitario de Vigo

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.360577.AUVI

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Universitario de Vigo

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Universitario de Vigo

Área de contacto

Xefa Sección Arquivo

  • Enderezo Enderezo (rúa) Biblioteca Central. Campus Lagoas-Marcosende Localidade Vigo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36310

Área de descrición

  • Historia A Universidade de Vigo créase en virtude da Lei 11/1989, de 20 de xullo, de ordenación do Sistema Universitario de Galicia. A partir do Decreto 3/1990, de 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas Universidades de A Coruña e Vigo, establécese a conformación organizativa da Universidade de Vigo, que abrangue o área sur de Galicia estruturándose en tres campus localizados nas cidades de Vigo, Ourense e Pontevedra. O conxunto de centros integrados na Universidade de Vigo procede dos antecesores Colexio Universitario de Vigo (CUVI) e Colexio Universitario de Ourense (COUR), creados en 1972. Contaban cunha maior antigüedade, e unha tradición de ensinanza consolidada nas súas respectivas cidades, as seguintes Escolas Universitarias: Empresariais, en Vigo (herdeira da Escuela de Comercio, de 1920); Enxeñería Técnica Industrial, en Vigo (sucesora da Escuela Superior de Industrias, de 1901); e as Escolas Universitarias de Formación de Profesorado de EXB, en Ourense y Pontevedra (cuxos antecedentes sitúanse nas Escuelas Normales de Ourense, de 1842 e de Pontevedra, de 1845). Os primeiros Estatutos da Universidade foron aprobados pola Xunta de Galicia o 23 de agosto de 1993. A creación de novos centros docentes e servizios e a implantación de novas titulacións ofrecen, ao longo da traxectoria da Universidade de Vigo, a evolución acorde cos cambios nas necesidades educativas que demanda a sociedad na que se insire. O Arquivo Universitario créase en 1993, adscrito orgánicamente ao servizo de Biblioteca e con dependencia funcional da mesma, sen prexuízo da súa relación co/a Secretario/a Xeral da Universidade, órgano ao que os Estatutos encomendan a función de recepción, compilación, depósito, custodia e certificación dos arquivos xerais.

  • Contexto xeográfico e cultural A Universidad de Vigo enmárcase no texido social e económico de cada unha das tres cidades nas que desenvolve a súa actividade académica e investigadora: Vigo, Ourense e Pontevedra. Abrangue o contexto xeográfico do sur de Galicia.

  • Atribucións / fontes legais Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aproban os Estatutos da Universidade de Vigo; Regulamento do Arquivo Universitario, aprobado pola Xunta de Goberno o 27 de xaneiro de 2005; Lei 7/2014, de 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia; Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

  • Estrutura administrativa O Arquivo é unha sección dentro da estrutura da Biblioteca Universitaria. Non está dotado de estrutura interna.

  • Xestión de documentos e política de ingresos Ingreso ordinario por transferencia dende os arquivos de xestión. O Regulamento do Arquivo contempla tamén o ingreso extraordinario a través de doazón, legado, depósito ou compravenda.

  • Edificio(s) O Arquivo presta os seus servizos dende a Biblioteca Central do campus de Vigo. Conta con depósitos documentais no Edificio Fundición do campus de Vigo, e nas Bibliotecas Centrais do campus de Ourense e de Pontevedra. Metros cuadrados de depósito: 404 m² Metros lineais de estantería: 2.364 m Metros lineais de documentación: 1.750 m Servizos técnicos: 14 m²

  • Fondos O Fondo Documental Universidade de Vigo está constituído pola documentación xerada e recibida poa Universidade no exercicio das súas funcions, dende 1990. Outros fondos documentais custodiados correspóndense coas institucións antecedentes da Universidade: > Fondo Comercio (1920-1990); > Fondo Peritos Industriais (1901-1990); > Fondo Maxisterio Ourense (1888-1990); > Fondo Maxisterio Pontevedra (1866-1990); > Fondo Colexios Universitarios (1972-1990). Custódianse ademáis algúns fondos privados relacionados coa actividade investigadora do profesorado da Universidade: > Fondo Simeón García (1919-1951); > Fondo Sociedad Electra Popular de Vigo y Redondela (1908-1919

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Inventario automatizado; páxina web do Arquivo no sitio web da Universidade.

Área de acceso

  • Horarios de apertura De luns a venres, de 9:00 a 14:30

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso O Arquivo proporciona á cidadanía en xeral o dereito de acceso aos documentos constitutivos do patrimonio documental da Universidade, nos termos que determina a lexislación vixente e coas restriccións que nela se contemplan.

  • Accesibilidade A Biblioteca Central do campus Lagoas Marcosende en Vigo, onde se localiza o espazo de consulta do Arquivo, dispón de instalación adaptadas a persoas con discapacidade. Liñas de autobuses ao campus universitario de Vigo: 8, C15C e lanzadeira Universidade.

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación O Arquivo dispón de sala de consulta na Biblioteca Central do campus de Vigo, ofrecendo acceso libre para a consulta dos fondos bibliográficos da Biblioteca. Proporciónase servizo de asesoramento para localización de documentos de arquivos. Consulta non presencial, a través do correo electrónico.

  • Servizos de reprodución Posibilidade de realizar copias dixitais e en papel

  • Espazos públicos O edificio da Biblioteca Central, onde se localiza o espazo de consulta do Arquivo, conta con zonas de esparcimento, conexión wifi e máquinas expendedoras.