ATOPO
Rexistros actuais: 1.630.132
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.886

Mancomunidade Terras de Pontevedra

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36038.AMANC.TER

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Mancomunidade Terras de Pontevedra

  • Forma(s) paralea(s) do nome Mancomunidade Terras de Pontevedra

Área de contacto

Rodrigo Silva Poceiro

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Michelena 30 Localidade Pontevedra Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36071

Área de descrición

  • Historia A Mancomunidade Terras de Pontevedra constitúese no ano 2007 para a dinamización do produto turístico dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Barro e Campo Lameiro. O 27 de outubro de 2020 publícase no DOG unha orde pola que se modifican os estatutos deste institución, incorporándose os concellos de Cerdedo-Cotobade e a Lama. O expediente de constitución e aprobación dos estatutos da mancomunidade iniciouse polo acordo dos 7 concellos orixinarios, aprobado en asemblea dos concelleiros o 30 de marzo do 2006. A mancomunidade ten plena personalidade e capacidade xurídica e está formado polos seguintes órganos, o Pleno, unha presidencia e unha vicepresidencia. O Pleno da Mancomunidade é o órgano supremo de goberno e administración e está integrado por trece membros, formado por tres do Concello de Pontevedra, dous da cada un dos concellos de Marín e Poio, e un, a cada un dos concellos de Vilaboa, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Barro e a Lama. Os representantes dos concellos son elixidos polo Pleno da corporación respectiva en cada mandato, elixiranse titulares e suplentes. O Pleno, a Presidencia e a Vicepresidencia da mancomunidade renovaranse coa mesma periodicidade que as corporacións locais, dentro do mes seguinte ao da constitución da nova corporación. A presidencia e a vicepresidencia elixiranse polo Pleno da mancomunidade de entre os seus membros sen que poidan pertencer ao mesmo municipio e teñen que ter a condición de alcalde. O cargo de secretario, interventor e tesoureiro serán exercidos por calquera dos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional que exerzan o cargo nun dos municipios mancomunados. A sede da Mancomunidade estará no concello da que sexa membro o seu presidente/a.

  • Contexto xeográfico e cultural A Mancomunidade Terras de Pontevedra está constituída polos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Barro, A Lama e Campo Lameiro. Suman un total de algo máis de 149.600 persoas (segundo o INE de 2021). As achegas económicas obrigatorias fanse en función da masa de poboación de cada entidade local, así as aportacións do Concello de Pontevedra supera o 55 % e o de Campo Lameiro é algo máis do 1,20 %, sendo estes concellos os de máis poboación e o de menos respectivamente.

  • Atribucións / fontes legais Os artigos 44 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local e o 135 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, recoñecen aos municipios o dereito de asociarse con outros en mancomunidades para a execución en común de obras e servizos determinados da súa competencia. Orde do 10 de xaneiro de 2007 pola que se publican os estatutos da Mancomunidade Terras de Pontevedra para a dinamización do produto turístico dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Barro e Campo Lameiro (DOG núm. 13, do 18 de xaneiro) A Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se publica a modificación dos estatutos da Mancomunidade Terras de Pontevedra (DOG número 216, do 27 de outubro)

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos A documentación está custodiada no Arquivo do Concello de Pontevedra, recóllese a través de transferencias periódicas

  • Edificio(s) Edificio do Concello de Pontevedra na rúa Michelena 30

  • Fondos

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Cadro de clasificación funcional e xestor documental en Atom

Área de acceso

  • Horarios de apertura De luns a venres de 09:00 h a 14:00 h

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso

  • Accesibilidade O acceso a documentación é libre, coas restricións que impoña a lexislación vixente. Requírese solicitude de acceso a través da sede electrónica do Concello de Pontevedra.

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación Servizo de asesoramento persoal

  • Servizos de reprodución Pódese solicitar a reprodución de documentos suxeitos as taxas e prezos públicos. A solicitude farase a través da Sede electrónica do Concello de Pontevedra

  • Espazos públicos