Arquivo municipal de Covelo
Área de identificación
Identificador ES.GA.36013.AM.COV.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Covelo
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Covelo
Área de contacto
Arquivo municipal de Covelo
Enderezo Enderezo (rúa) Praza Mestre Cerviño, nº 2 Localidade Covelo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36872
María Jesús Rodríguez Freire
Enderezo Enderezo (rúa) Praza Mestre Cerviño, nº 2 Localidade Covelo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36872
Área de descrición
Historia Historicamente formou parte da provincia de Tui, integrado por diferentes xurisdiccións: a de Covelo, dependente do conde de Amarante; a das Achas, coas parroquias de Barcia de Mera, Campo e Fofe dependente do conde de Salvaterra, e a de Sobroso que afectaba á parroquia de Casteláns.
Constitucionalmente créase o concello en 1836 con trece parroquias, ás que se engadiría de seguido a de Prado de Canda, adscrita inicialmente ó concello da Cañiza, dentro da proposta establecida para o daquela existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo.
A casa do concello é unha edificación en pedra, que logo da reforma dos anos 1985-1987 conta cunha planta baixa, ocupada polo xulgado de paz, biblioteca e outros servizos; unha primeira planta onde se dispoñen as oficinas municipais e a Alcaldía, e unha segunda habilitada como salón de sesións.
Finalmente, na estructura baixo a cuberta dispúxose o local de arquivo municipal e do xulgado de paz, con espacios anexos, usados como almacén.
A superficie total do baixo cuberta, superior ós cento trinta metros cadrados, foi no seu día adecuada para instalar o arquivo municipal, acometéndose en 1992 as reformas necesarias, separando as zonas de almacén e arquivo; unha boa parte foi destinada exclusivamente a arquivo municipal, con sesenta e catro metros cadrados, unha altura media de tres metros e dúas ventás para facilitar a súa ventilación e iluminación natural, e con medidas de illamento térmico.
Ademais foi dotado das instalacións necesarias para dispor a documentación, con preto de cen metros lineais de estantería metálica, ficheiro e mesa de traballo. Conseguiuse así unha mellora considerable das condicións de local, ó que só se lle pode obxectar a súa situación, lonxe das oficinas.
A organización da documentación conservada no arquivo do concello de Covelo é asumida polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1992, establecendo como obxectivos prioritarios mellorar o local do arquivo e dotar de instrumentos descritivos un fondo escaso pero practicamente organizado. Acometéronse dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, nos anos 1995, 1999, 2002, 2005, 2009 e 2011.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Rosana Alonso Comesaña
José Luis Bustelo Rodríguez
José Luis Castro Carpintero
Jacobo Domínguez Pedreira
Manuela González Rey
María del Carmen Pereira Pazos
Roxelio Guillerme Pérez Agulla
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
María del Pilar Rosales Vázquez
María Teresa Túñez Landín
Ana María Valles Castro
Iñaki Varela Pérez
Julio Rafael Pereira Bernárdez
Roberto Rodríguez Álvarez
Alberto Aramburu García-Pintos
Francisco Orge Ventín
Lara María Moldes González
Miguel Martínez Puig
Olalla Barreiro MolanoContexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Covelo sitúase na comarca do Paradanta, no límite coa provincia de Ourense e integrado hoxe no partido xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 124 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en ll6 entidades de poboación e catorce parroquias: Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Santiago de Covelo, Santa Mariña de Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado e Prado da Canda.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses.
A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros.
O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo.
O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas..
O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.).
Outras normas relativas ao Réxime Local son:
O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais.
O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais.
O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local.
En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de GaliciaEstrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Covelo
-Praza Mestre Cerviño, 2. 36872 CoveloFondos Arquivo municipal de Covelo
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: "Inventario arquivo do concello de Covelo”.-Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 14.- D.L. PO-104-00 ISBN: 84-8457-009-3 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Paradanta" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 10, pgs. 243-260.
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos