Arquivo municipal de Portas
Área de identificación
Identificador ES.GA.36040.AM.PORT.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Portas
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Portas
Área de contacto
Arquivo municipal de Portas
Enderezo Enderezo (rúa) Rapeira, s/n Localidade Portas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36658
Área de descrición
Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Portas e Romai dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor, con señorío do conde de Graxal, e as de Briallos e Lantaño da xurisdicción de Vilanova, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, formaba parte do concello de Trasumia, xunto co actual concello de Barro. No ano 1836 créase como concello independente, coa configuración actual que se mantén sen modificacións reseñables agás certos cambios de capitalidade e de instalación da casa do concello. Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de finais do século vinte, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, situada nun contorno concibido como área de servizos do concello, xunto co centro de saúde, casa de cultura, pavillón de deportes e centros escolares. Distribúese a casa do concello en baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta. O baixo dedícase a oficinas e servizos municipais; a primeira planta acolle despachos e salón de sesións; no baixo cuberta é onde se dispón o arquivo. Destaca no conxunto da edificación o resalte da zona central da fachada principal tanto en altura coma cara ó exterior. Como dixemos, o local do arquivo municipal ocupa actualmente unha boa parte do baixo cuberta, remozado e adaptado para o efecto e con acceso directo dende a planta baixa mediante unha ampla escalinata central. Distribúese en tres salas cun total aproximado de setenta metros cadrados, nas que se procedeu á instalación dos equipamentos necesarios para a súa función de tratamento e conservación documental. Combina estantería metálica e de madeira, con máis de cento vinte metros lineais, abondos para os fondos existentes. Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, renovada instalación eléctrica e axeitadas condicións de habitabilidade e de illamento. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo en 1993, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado a un novo local, no ano 2000. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero María del Carmen Pereira Pazos Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Isabel Balchada Bermúdez Iria Chaves Moledo Ángela Garra Oubiña Móñica Núñez Carro María Lede Pérez Alberto Aramburu García-Pintos Pablo Pastoriza Rozas Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Portas sitúase na zona centro da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Caldas de Reis, Moraña, Barro, Meis e Vilanova de Arousa. Ocupa unha superficie total superior ós vinte e tres quilómetros cadrados, con cincuenta e nove entidades de poboación dispersas nas súas catro parroquias: Portas, Lantaño, Briallos e Romai, nas que residen algo máis de tres mil habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Portas -Rapeira, s/n. 36658 Portas
Fondos Arquivo municipal de Portas
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario arquivo do concello de Portas” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 27 D.L. PO-65-01 ISBN: 84-8457-051-7 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos