Fondos
Arquivo municipal de Vilaboa
Área de identificación
Identificador ES.GA.36058.AM.VILAB.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Vilaboa
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contacto
Arquivo municipal de Vilaboa
Enderezo Enderezo (rúa) Toural, nº 1 Localidade Vilaboa Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36141
Margarita Arca Liste
Enderezo Enderezo (rúa) Toural, nº 1 Localidade Vilaboa Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36141
Área de descrición
Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa. A casa do concello é unha moderna edificación inaugurada no ano 1975 e reformada con posterioridade a fin de mellora-la súa calidade estética exterior e amplia-la súa superficie útil mediante o aproveitamento do baixo cuberta; en xeral goza dunhas axeitadas condicións de espacio e funcionalidade. Na actualidade distribúese en baixo, planta e baixo cuberta, situándose o local dedicado a arquivo municipal, logo de sucesivos traslados internos, na parte frontal do baixo cuberta do edificio; presenta unha estructura rectangular perfectamente regular, con algo máis de setenta metros cadrados útiles. Neste local procedeuse á instalación dos equipamentos necesarios, de acordo co plano, para a función de almacenamento e tratamento documental contando na actualidade cunhas idóneas condicións de habitabilidade, illamento, ventilación e iluminación, así como con ordenador, mesa de consulta e ficheiro. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1985, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, incluíndo a mellora e reforma do local, nos anos 1986, 1992, 1999, 2000, 2001, 2004, 2007, 2009 e 2010. Os traballos de organización e descrición documental inicial, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Esther del Castillo Fondevila José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Begoña Pérez Losada Margarita Pintos Varela Carmen Touzón Fernández Margarita Arca Liste O concello conta nos últimos anos cun funcionario encargado do arquivo municipal, entre outras funcións, cargo que ocupa na actualidade Margarita Arca Liste.
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Vilaboa -Toural,1. 36141 Vilaboa
Fondos
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal de Vilaboa” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 9 *“Inventario Archivo Municipal de Vilaboa” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 41 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990)
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: Margarita Arca Liste
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos