Fondos
Arquivo municipal de Lalín
Área de identificación
Identificador ES.GA.36024.AM.LAL.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Lalín
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Lalín
Área de contacto
Arquivo Municipal de Lalín
Enderezo Enderezo (rúa) Praza de Galicia, nº 1 Localidade Lalín Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36500
Área de descrición
Historia O territorio do concello de Lalín sitúase no norte da provincia de Pontevedra, no centro da comarca do Deza; linda cos concellos de Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Dozón, Irixo, Forcarei e Silleda. Ocupa unha gran superficie, superior ós trescentos catorce quilómetros cadrados, con trescentas trinta e catro entidades de poboación dispersas nas corenta e oito parroquias actuais: Albarellos, Alemparte, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro de Cabras, Catasós, O Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Filgueira, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moimenta, Moneixas, Noceda, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, A Veiga, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, A Xesta e Zobra, nas que residen ó redor de vinte mil habitantes. No proceso de organización dos fondos documentais levado a cabo no ano 1989, de xeito provisional e na espera dunha futura mellora das instalacións municipais procedeuse a situa-lo arquivo na planta baixa da casa do Concello, en dous locais anexos, de escasa superficie e aproveitamento, antigas celdas, cunha condicións de habitabilidade moi mellorables. A partir desta situación, que aínda se mantiña, acórdase o traslado dos fondos a un novo local, fóra do concello, no anterior local da biblioteca municipal, que conta hoxe tamén co “Museo de Títeres” na súa primeira planta. Ocupa o arquivo unha superficie aproximada de setenta metros cadrados, cunha ampla sala rectangular que se complementa cos espacios de acceso a esta; neste espacio dispuxéronse os equipamentos suficientes para a instalación da totalidade das unidades de instalación, contando con mesa de consulta, ficheiro e ordenador. A construcción dunha nova casa do concello conlevou a dotación dun espazo planificado para o seu uso como arquivo municipal, no semisoto, a carón do garaxe. Distribúese en tres salas circulares, que respetan a estrutura diseñada polo arquitecto para o conxunto da moderna edificiación. Este espazo foi dotado de estantería compactada e tradicional. O traslado pertinente da documentación e a súa reinstalación das novas dependencias poñen en valor este novo local e garanten a conservación futura da documentación. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeu un novo proceso de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluído o traslado e sensible mellora dos equipamentos e do local, nos anos 2002, 2004, 2005, 2006, 2009 e 2011. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Alberto Aramburu García-Pintos María Esther Cimadevila Estévez José Ramón López Fernández María Josefa Piñón López Teresa Túñez Landín José Luis Varela Ledo María Jesús Vidal Rodríguez Berta Fernández García Iria Chaves Moledo Antón Ulla Cobián Jorge Garcia Garcia José Gago Garcia-Brabo
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Lalín. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción do Deza, con señorío do conde de Lemos e da de Cambra, con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século XIX chegaron a funcionar moitos neste territorio, entre eles os de Lalín, Bendoiro, Vilatuxe, Catasós, Lodeiro, Vilanova, Barcia, Bermés, Noceda, Cangas e Losón. Xa no proceso definitivo créase o concello de Lalín, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de corenta e oito parroquias.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Lalín -Praza de Galica,1. 36500 Lalín
Fondos Arquivo municipal de Lalín
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: “Inventario arquivo do concello de Lalín”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 48 D.L. PO-282-03 ISBN 84-8457-160-2 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Deza" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos