ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Arquivo municipal de Salceda de Caselas

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36049.AM.SALC.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Salceda de Caselas

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Salceda de Caselas

Área de contacto

Arquivo municipal de Salceda de Caselas

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Doutor Zunzunegui, nº 7 Localidade Salceda de Caselas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36470

Ana María Pérez Rodríguez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Doutor Zunzunegui, nº 7 Localidade Salceda de Caselas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36470

Área de descrición

  • Historia A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, dentro do partido xudicial de Tui, configúrase o que será concello constitucional de Salceda de Caselas, composto polas sete parroquias que o integran na actualidade: Santa María de Salceda, capitalidade do mesmo, San Xurxo de Salceda, San Martiño de Picoña, San Xusto e Pastor de Entienza, San Estevo de Budiño, San Tomé de Parderrubias e San Vicente de Soutelo. Nestas parroquias residían daquela 524 veciños e aproximadamente 2.100 habitantes. A anterior casa do concello de Salceda de Caselas era unha edificación exenta, construída en 1917, integrada no núcleo urbano da vila, distribuída en baixo e planta que polas súas pequenas dimensións e pola súa insuficiencia para as esixencias actuais, obrigou a acometer a construcción dunha nova casa do concello. Iniciado este proceso nos finais do século XX e logo dun largo período de construcción dispón hoxe o concello de Salceda de Caselas dunha moderna casa do concello na mesma praza onde se atopaba a anterior, desarrollada horizontalmente ó longo dun dos laterais da mesma. Caracterízase esta construcción tanto pola súa horizontalidade como pola profusa apertura de vanos a fin de favorecer a iluminación do local. Conta o edificio con soto, baixo, pranta e aproveitamento baixo cuberta, dispóndose no mesmo as instalacións dos servicios municipais e do xulgado de paz e comunicándose con outros edificios de servizos para os cidadáns. O novo local do arquivo disponse no soto desta nova casa do concello, con acceso dende as oficinas municipais da planta baixa; ocupa unha ampla sala que ten unha estructura irregular de máis de oitenta metros cadrados e unha extraordinaria altura que supera os catro metros. Para levar a cabo a súa función de depósito documental instaláronse neste local un total de oito bloques de estantería compactada e un fixo de catro ou cinco corpos cada un, distribuídos tal e como se reflicta no plano, coa posibilidade de incrementar estos equipamentos con outros dous bloques no futuro. Dispón ademais de moble ficheiro para a consulta do catálogo do propio arquivo e de mesa de traballo e consulta no mesmo local, así como ordenador e aparato deshumificador para regular a humidade ambiental. No ano 1992 se acometeu unha ampliación lateral do baixo e planta do edificio, ademais da construcción na parte posterior dunha prolongación para situar o arquivo municipal. Con iso, a pesar do negativo efecto estético, melloráronse as condicións de traballo e o servicio municipal, e, sobre todo, habilitouse un espacio dedicado en exclusividade a custodiar e depositar a documentación municipal. O novo local do arquivo disponse na parte posterior da casa do concello, con acceso dende as oficinas municipais da planta baixa; ten unha estructura rectangular de 15 metros de longo por 3 de ancho, e unha superficie útil de 45 metros cadrados. Conta con aberturas directas ó exterior, que permiten a ventilación necesaria e un aparato deshumidificador para regula-la humidade ambiental. Para levar a cabo a súa función de depósito documental instaláronse neste local un total de douscentos metros lineais de estantería metálica, disposta segundo se amosa no plano adxunto, suficientes para o fondo documental actual. Dispón ademais de moble ficheiro para a consulta do catálogo do propio arquivo e de mesa de traballo e consulta no mesmo local. O fondo documental producido polo Concello de Salceda de recibiu no ano 1993 o tratamento técnico oportuno, incluído dentro da programación xeral do Servicio Técnico de Patrimonio Documental para a provincia de Pontevedra. Daquela, conseguiríase centralizar no local destinando a arquivo a totalidade dos fondos existentes. Posteriormente desenvolvéronse novas actuacións técnicas de reincorporación documental, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación proposto a nivel nacional, nos anos 1995, 1999, 2002, 2005, 2007, 2009 e 2011. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira Josefa Fernández Ayuso Manuela González Rey Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María Teresa Túñez Landín Iñaki Varela Pérez Carmen Touzón Fernández Isabel Couso Bravo María del Carmen Martínez Regueira Yudt Emila Hernández Terán Julio Rafael Pereira Bernárdez Roberto Rodríguez Álvarez Iria Chaves Moledo Antón Ulla Cobián Alberto Aramburu García-Pintos

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Salceda de Caselas está situado no sur da provincia de Pontevedra, limitando cos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui e Porriño. Conta cunha superficie aproximada de 31 quilómetros cadrados nos que se asentan 93 entidades diferenciadas de poboación, nas que viven algo máis de cinco mil cincocentos habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Salceda de Caselas -Rúa Doutor Zunzunegui, 7. 36470 Salceda de Caselas

  • Fondos Arquivo municipal de Salceda de Caselas

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario arquivo do concello de Salceda de Caselas” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 3 D.L. PO-128-96 ISBN: 84-88363-67-2 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: Ana María Pérez Rodríguez

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos