ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Arquivo municipal de Rodeiro

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36047.AM.ROD.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Rodeiro

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Rodeiro

Área de contacto

Arquivo municipal de Rodeiro

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Fonte, s/n Localidade Rodeiro Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36530

José María Novo Ramos

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Fonte, s/n Localidade Rodeiro Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36530

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían , agás a de Salto, da xurisdicción de Camba, na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. A antedita parroquia de Salto dependía do señorío do Mosteiro de Oseira. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Guillar, Rodeiro, Camba e Carboentes; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Rodeiro, queda integrado polas actuais vinte parroquias, sen que se producisen modificacións na súa configuración ó longo dos anos de existencia. A actual casa do concello é unha edificación distribuída en baixo e planta, que foi complementada recentemente cunha edificación de nova construcción próxima que se une a propia casa do concello a modo de ampliación posterior, resultando un amplo espacio para a disposición dos diferentes servizos municipais. O local de arquivo disponse nunha sala de forma practicamente rectangular na segunda planta do novo edificio. Conta o local cunha pequena sala anexa para traballo e consulta. Ten unha superficie superior ós corenta e cinco metros cadrados suficiente na actualidade e dotada dunhas axeitadas condicións de habitabilidade, calefacción e ventilación. Instaláronse neste local estanterías de madeira, construídas para esta función, alcanzando os 186 metros lineais que se foron ocupando en sucesivas remisións documentais. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, realizando dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1998, 1999, 2003, 2006, 2009, 2011 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Inés Pájaro Porral Fé Cortiñas Rodríguez María José Rodríguez González José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo José Ramón López Fernández José Luis Varela Ledo José Mario Gómez Penide Marta Lucio Gómez María del Carmen Fariña Fernández Jacobo Domínguez Pedreira Francisco Orge Ventín Jorge García García José Gago García-Bravo Alberto Aramburu García-Pintos Pablo Pastoriza Rozas Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Rodeiro sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, incluído no partido xudicial de Lalín e na comarca xeográfica do Deza, lindando coas provincia da Lugo -concellos de Antas de Ulla, Taboada, Chantada e Carballedo- e Ourense -concellos de Cea e Piñor, ademais dos concellos da propia provincia de Pontevedra, Lalín, Agolada e Dozón. Ocupa unha superficie total algo superior ós 153 quilómetros cadrados cun total de 143 entidades de poboación dispersas en vinte parroquias diferentes: Alceme, Arnego, Asperelo, Az, San salvador de Camba, San Xoán de Camba, Santa Baia de Camba, Carboentes, Fafián, Guillar, Negrelos, Pedroso, Pescoso, A Portela, Río, Riobó, Rodeiro, Salto, Senra e Vilela, nas que residen ó redor de cinco mil cincocentos habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Rodeiro -Praza da Fonte, s/n. 36530 Rodeiro

  • Fondos 1.-Fondo concello de Rodeiro 2.-Fondo Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Rodeiro

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * ““Inventario arquivo do concello de Rodeiro””Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 25.- D.L. PO-415-00 ISBN: 84-8457-033-9 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Deza" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263 ”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández.-Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos