ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Arquivo municipal de Gondomar

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36021.AM.GON.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Gondomar

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Gondomar

Área de contacto

Arquivo municipal de Gondomar

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza Doutor Latino Salgueiro, nº 1 Localidade Gondomar Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36380

Santiago Signo Fuentes

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza Doutor Latino Salgueiro, nº 1 Localidade Gondomar Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36380

Área de descrición

  • Historia As parroquias que integran este territorio dependían no Antigo Réxime de tres xurisdiccións, cada unha delas de distinto carácter. Por un lado, a xurisdicción real de Baiona, dependente directamente do monarca, na que se integraban as parroquias de Borreiros, Chaín, Donas, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, e Villaza. Por outro, a xurisdicción de Gondomar, con señorío do propio conde de Gondomar e formada polas parroquias de Vincios e Gondomar; e, finalmente, a xurisdicción eclesiástica de Pexegueiro, da que formaba parte a parroquia de Couso e na que o señorío correspondía o bispo de Tui. Nos primeiros anos do século XIX, antes da definitiva configuración constitucional dos concellos, tal e como hoxe os entendemos, constituíronse nestas terras concellos en Vilaza, Donas, Vincios, Morgadáns e Peiteiros. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Gondomar, integrado polas parroquias de Borreiros, Couso, Chaín, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios; compre sinalar, ademais, que a parroquia de Morgadáns conta dende 1932 cunha Entidade Local Menor. A manifesta insuficiencia espacial da casa do concello obrigou a buscar solucións alternativas para a instalación axeitada do arquivo municipal e procedeuse á adecuación da planta superior da casa da cultura. O edificio da casa da cultura, de recente construcción, atópase no centro da propia vila de Gondomar, moi próximo á casa do concello, integrado no contorno urbano e acaroado a outras edificacións. A planta superior, baixo cuberta, destinouse na súa totalidade a arquivo municipal agás un pequeno espacio que serve de almacén. O local do arquivo ten unha forma rectangular cunha superficie en forma de 108 metros cadrados. Seguindo a estructura da cuberta, conta cunha altura central de 2,70 metros e unha suave pendente que permite un aceptable aproveitamento. A adaptación deste local incluíu a dotación das pertinentes medidas de illamento térmico e acústico, a instalación dunha axeitada iluminación artificial e a consecución dunhas condicións de habitabilidade suficientes. Así mesmo, supuxo a instalación dos materiais necesarios para a colocación da documentación, basicamente estantería metálica, suficiente para os fondos actuais, alcanzando un total de douscentos catro metros lineais. Conta, ademais, na actualidade o arquivo cun moble ficheiro para a colocación e uso do catálogo e dunha mesa de consulta e tratamento documental. O fondo documental producido polo Concello de Gondomar, no decurso da súa actividade ó longo destes anos e que aínda se conservaba, recibiu no ano 1986 o tratamento técnico oportuno, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1994, 1999, 2002 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero María Esther González Correa Antonio Iglesias Pena Antonio López Bodaño Marcos Meijueiro Rey Jaime Moíño Vaamonde María Dolores Pereira Oliveira Carmen Pérez Larrán Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Inmaculada Concepción Serrano Plaza Carla Muñoz López Diego González Gómez Javier López Sáez Alberto Aramburu García-Pintos Aida María Pérez Martínez Paula Boullosa Rodríguez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Gondomar sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na denominada comarca do Miñor, principal río que discorre polo seu territorio. Limita cos concellos de Baiona, Nigrán, Porriño, Tui, Tomiño e Oia e conta cunha superficie aproximada de setenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan 164 entidades diferenciadas de poboación onde viven algo máis de dez mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Gondomar -Praza Doutor Latino Salgueiro,1. -Manuel Alonso, s/n - 36380 Gondomar

  • Fondos Arquivo municipal de Gondomar

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: “Inventario arquivo do concello de Gondomar”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 2 .- D.L. PO-127-96 ISBN 84-888363-68-0 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: Santiago Signo Fuentes

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos