ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36050.AM.SALV.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

Área de contacto

Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Constitución, s/n Localidade Salvaterra de Miño Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36450

Ana Rosa Piñeiro Piñeiro

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Constitución s/n Localidade Salvaterra de Miño Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36450

Ricardo Grandal Pazos

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Constitución, s/n Localidade Salvaterra de Miño Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36450

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907. A actual casa do concello, de recente cosntrucción, supón unha sensible mellora nas instalacións e equipamentos municipais, dispondo na súa concepción dun espacio adicado a arquivo municipal na planta superior, que ven a resolver unha sentida carencia dos últimos anos. Esta nova edificación intégrase nun tamén novo entorno cunha ampla praza e nunha área de novo desenvolvemento urbanístico. É unha ampla estructura, desarrollada horizontalmente, con baixo, planta e baixo cuberta, que cubre inicialmente as necesidades da entidade local. Ocupa o arquivo unha boa parte da planta superior, próxima ós noventa metros cadrados, abufardada, con deseño irregular en forma de “L”. Dispoñen estas novas instalacións dos debidos equipamentos para a súa función, de axeitadas condicións de ventilación e luminosidade, estantería metálica suficiente, ficheiros e mesas de consulta, sistemas contra incendios e porta de seguridade. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón, nos anos 2002, 2005, 2007, 2009 e 2011, novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo o traslado ó novo local actual. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Paula Fernández Bañuelos José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Juana María López Oviedo María Herminia Martinez Pereira Manuela González Rey Roxelio Guillerme Pérez Agulla José Luis Bustelo Rodríguez Ana María Vallés Castro Daniel Menéndez Rodríguez Jacobo Domínguez Pedreira Iria Chaves Moledo Isabel Balchada Bermúdez Carmen Touzón Fernández Isabel Couso Bravo Alberto Aramburu García-Pintos Antón Ulla Cobián

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Salvaterra de Miño -Praza da Constitución, s/n. 36450 Salvaterra de Miño

  • Fondos Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario arquivo do concello de Salvaterra de Miño” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 51 D.L. PO-385-03 ISBN 84-8457-171-8 *"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 *"Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas. Tomo I, pgs. 233-246.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: Ricardo Grandal Pazos

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos