Arquivo municipal de Cuntis
Área de identificación
Identificador ES.GA.36015.AM.CUN.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Cuntis
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Cuntis
Área de contacto
Arquivo municipal de Cuntis
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Constitución, nº 4 Localidade Cuntis Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36670
Fernanda Montero Parapar
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Constitución, nº 4 Localidade Cuntis Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36670
Área de descrición
Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Baños na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, crearase no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, o concello de Cuntis coas mesmas parroquias e disposición territorial que hoxe se mantén. Dispóñense estes fondos na propia Casa do Concello, edificio moderno construído a finais da década dos setenta e principios dos oitenta, distribuído en baixo e dúas plantas e na que se concibe unha fachada principal na intersección de dúas rúas, eliminando o que sería a esquina da edificación. Recentemente acometeuse unha reforma interior que contemplou a redistribución do espacio ocupado polos diferentes servizos municipais. Entre eles, ó arquivo municipal destinouse unha boa parte da segunda planta, en tres locias distintos, principalmente nunha sala cuadrangular de máis de sesenta e cinco metros cadrados, na que se procedeu á instalación de douscentos dezaseis metros lineais de estantes metálicos, así como de mesas de traballo consulta e ficheiro metálico para a disposición dos instrumentos de descrición. Xunto a ela outras súas pequenas salas, todas elas con suficientes condicións de iluminación natural e ventilación. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1988, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora do local, nos anos 1990, 1991, 1997, 1998, 1999, 2003, 2005, 2007, 2010 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Juan Carlos Carballal Lata José Manuel Castaño García José Luis Castro Carpintero María del Carmen Fariña Fernández Manuela González Rey María Montserrat Maneiro Bermúdez Lara María Moldes González Francisco Orge Ventín Inés Pájaro Porral Alfonso Parada Vilas Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Montserrat Romero Alonso María Torres Hermida Alfonso Ferreiro Monteagudo Mercedes Estévez Ogando Isabel Couso Bravo Aída María Pérez Martínez Alberto Aramburu García-Pintos Olalla Barreiro Molano
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Cuntis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Caldas de Reis e Valga. Ocupa unha superficie superior ós setenta e nove quilómetros cadrados cun total de setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias: Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns, nas que residen algo máis de seis mil habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Cuntis -Praza da Constitución, 4. 36670 Cuntis
Fondos Arquivo municipal de Cuntis
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: "Inventario arquivo do concello de Cuntis”.-Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 26.- D.L. PO-104-00 ISBN: 84-8457-009-3 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos